Skip to Content

Axuda Ucraína

Se queres prestar axuda (ofrecendo vivenda, traballo, mateirais, etc.), podes descargar este documento e envialo ao enderezo ucraina@tui.gal ou entregalo en papel no Servicio Sociocomunitario de Tui, nos Servicios de Formación e Emprego e nos Servicios Sociais.

 

CONCURSO DE PODCAST: Amor na Literatura.

Xa podedes escoitar os podcast que participan no Concurso:

SEGUNDA ROLDA DO CONCURSO NOVAS FOLLAS E CANTARES

 

Corre o vento, o río pasa.

Este é o verso proposto para a segunda rolda do Concurso Novas Follas e Cantares organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. O prazo de presentación dos microrrelatos, poemas breves ou ilustracións remata o venres 11 de marzo e, como na edición anterior, pódense entregar directamente ao profesorado de Lingua Galega ou na urna de conserxaría. Recórdase que as entregas deben facerse en sobre pechado co nome e apelidos, curso e título da obra.

Anímate e participa!

COVID-19: INFORMACIÓN RELEVANTE

Os síntomas máis frecuentes compatibles coa COVID-19  son:

  • FEBRE
  • CALAFRÍOS
  • TOSE SECA OU PRODUTIVA
  • DIFICULTADE RESPIRATORIA
  • DOR DE GORXA
  • OUTROS SÍNTOMAS RESPIRATORIOS
  • DOR DE CABEZA
  • FATIGA SEVERA
  • CANSAZO
  • DOR MUSCULAR
  • FALTA DE OLFACTO
  • FALTA DE GUSTO
  • DIARREA
  • VÓMITOS

Aínda que son síntomas comúns con outras enfermidades e infeccións, recórdase a todo o alumnado e persoal do IES San Paio que, de presentarse algún deles, por leve que sexa, non se debe acudir ao centro, poñéndose en contacto co centro de saúde ou chamando ao teléfono 881 54 00 45 para recibir indicacións.

RESERVA DE PRAZAS-CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO

De acordo coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, iníciase a fase de reserva de praza para o curso académico 2022-23. 

O prazo esténdese do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluidos. Para reservar praza débese presentar o Anexo I de Reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito, no centro de orixe, é dicir, aquel no que se estea matriculado actualmente.

A listaxe de alumnado admitido será publicada antes do 28 de febreiro e poderá consultarse no centro de orixe ou na aplicación admisionalumnado.

 

Instrucións Covid, xaneiro 2022

Lembramos as instrucións Covid en vigor, en catro imaxes

Clic AQUÍ, para ver en detalle

 

REPARTO DE MÁSCARAS seguindo a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universiddde

 

Ao longo da mañá do venres 17 farase entrega das máscaras a aqueles/as alumnos/as que tiveran dereito ao cheque de material. Trátase dun sobre con 5 máscaras de tela reutilizables de diferentes cores.

Aqueles/as alumnos/as que, por distintos motivos, non se atopen hoxe no instituto terán que pasar a recollelas na Secretaría do centro nos vindeiros días, debendo asinar un documento que acredite a súa recollida. Durante o período vacional recoméndase comprobar antes o horario de apertura do IES.

Distribuir contido


by Dr. Radut