Skip to Content

Webs interesantes

VII concurso “Ignacio López Bueno” de presentacións informáticas convocado polo IES Terra de Trasancos, Narón (A Coruña)


 

A dirección do IES Terra de Trasancos convoca a VII edición do concurso de presentacións informáticas “Ignacio López Bueno” que este ano terá como tema: “basura electrónica: presente e futuro”. A intención é sensibilizar ao alumnado acerca do problema medioambiental e social que representa a xeración de basura electrónica dos países desenvolvidos, xa que estes residuos son tóxicos e contaminan o medio ambiente, perxudicando o aire que respiramos, a terra e a auga que bebemos. Ademais diso, a maior parte desta basura estase a depositar en países subdesenvolvidos, supoñendo un grave problema social posto que non teñen medios para xestionalos.


Este concurso vai dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos que estean matriculados no presente curso en centros de Galicia.


Haberá dous premios divididos en dúas categorías:

  • Premio para alumnado de ESO dotado con diploma e un vale de 120 € canxeable en material didáctico escolar.
  • Premio para alumnado de Bacharelato e Ciclos dotado con un diploma e un vale de 120 € canxeable en material didáctico e escolar.

Os traballos terán como data límite para a súa presentación o día 1 de abril de 2014.


Para máis información, descargar o arquivo anexo das bases do concurso.

Acceso á web do IES Terra de Trasancos

 


 

 

EficienTIC: O proxecto de divulgación científica EficienTIC é un conxunto de actividades e talleres dirixidos a escolares de ESO e Bacharelato dos centros escolares galegos, coa fin de difundir e divulgar os conceptos básicos e as tecnoloxías máis innovadoras das áreas nas que traballa EnergyLab (Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética) e Gradiant (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia), que son as áreas das tecnoloxías de Información e Comunicacións (TIC) e a da eficiencia enerxética.

 

 

Cartel

 

Tecnoastro é unha web moi interesante feita por un profesor de tecnoloxía, de onde podes sacar boas ideas para os teus proxectos. 

Tecnoastro

 

 

A factoria PSA-Peugeot Citroën dispón na súa web de material moi interesante sobre o proceso de construción de automóbiles, podes visitalos facendo clic nas seguintes ligazóns:

 

 

 

PSA Peugeot Citroën


page | by Dr. Radut