Skip to Content

Actividades extraescolares

Visita a Allariz do alumnado de 3º ESO. Curso 2011/2012


 

O Luns 14 de Maio os rapaces e rapazas de 3º ESO A, C e PDC viaxaron ata Allariz para visitar a central de biomasa "Bioallarluz". Alí os responsables da central lles explicaron cómo se pode aproveitar a biomasa, neste caso restos de madeira procedente das limpezas dos montes de Ourense e madeira de desperdicio dalgunhas empresas, para obter enerxía eléctrica.

Cartel en Bioallarluz

 

Despois da central eléctrica foron ao "Ecoespazo o Rexo" , alí desfrutaron das pinturas e esculturas que o artista Agustín  Ibarrola  fixo nun entorno natural.

Ecoespazo o Rexo

 

Para rematar a visita fixeron un percorrido guiado pola vila de Allariz, visitando os museos do Coiro, do liño e do xoguete.

 

Allariz

Podes ver tódas as imaxes na nosa Galería


Visita ao CITEXVI: Alumnado de 1º Bacharelato. Curso 2011/2012


 

Podes ver as fotos da visita que fixeron os alumnos de 1º de Bacharelato a CITEXVI o pasado Martes 14 de Febreiro. Galería

 

No Blog de EficienTIC temos as fotos que nos fixeron os membros da organización.

 

Visita ao Parque eólico de Sotavento. Curso 2009/2010


 

 

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO e 4º de PDC visitaron o parque eólico experimental de Sotavento, podes ver as fotos da visita na nosa Galería de imaxes. Se queres saber máis das enerxías alternativas e de como aforrar enerxía na túa casa, visita a súa páxina web: http://www.sotaventogalicia.com

 

Alumnos en Sotavento

 

Visita á escola de Minas Curso 2008/2009



page | by Dr. Radut