Skip to Content

Novos currículos [ESO e Bacharelato]

O Consello da Xunta, na súa reunión do 15 de setembro de 2022, aprobou os decretos polos que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria, da ESO e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Currículo ESO [ver]
  • Currículo Bacharelato [ver]

Plan Dixital do Centro

No apartado PLANS E PROXECTOS da nosa web está publicado o Plan Dixital do Centro [ligazón], un documento elaborado por un grupo de docentes do centro ao longo do curso 2021/22. Foi aprobado polo claustro do profesorado e polo consello escolar nas súas respectivas reunións ordinarias de final de curso.

ESA - Exames finais módulo IV 2022

LUNS 20 XUÑO:

ÁMBITO COMUNICACIÓN: 9:00-11:00 (Aula: ESA)

ÁMBITO SOCIAL: 11:00 -13:00 (Aula: ESA)

 

MARTES 21 XUÑO:

ÁMBITO CIENTÍFICO-MATEMÁTICO: 11:00 -13:00 (Aula: ESA)

Calendario de probas extraordinarias [1º e 2º de bacharelato]

A disposición adicional primeira da Orde do 25 de xaneiro de 2022 establece que as probas finais da convocatoria extraordinaria para o bacharelato se realizarán entre o 20 e o 22 de xuño de 2022". Pulse nesta ligazón para consultar o programa de exames aprobado polo centro.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica hoxe na súa web un documento titulado Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo [ligazón].

Actualización da normativa de avaliación (II)

A Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, introduce cambios na xestión da promoción e da titulación do alumnado. No mes de marzo publicamos un artigo no que resumimos as principais novidades [ver].

O novo marco normativo require actualizar algúns apartados da Concreción curricular do centro e adaptar as programacións didácticas das materias dos cursos afectados. En consecuencia:

  • Anunciamos que publicaremos as adaptacións das programacións didácticas a partir do día 13 de abril. Poden consultalas premendo nesta ligazón.

Bolsas para estudos postobrigatorios [2022-2023]

Está aberto o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2022-2023 (bacharelato, ciclos formativos, FP básica e universitarios).

Prazo de presentación: desde o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022.

As solicitudes deben formalizarse na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional [aquí].

Acceso ao texto da convocatoria [aquí].

Máis información no Portal de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Probas libres para títulos extinguidos de FP

Información dirixida ao alumnado que non rematara os seus estudos no ciclo medio de Condución de actividades físico-deportivas no medio natural:

Segundo se establece na Disposición 4ª 2 da Resolución do 29 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a segunda convocatoria de presentación de solicitudes abranguerá dende o 3 ao 13 de maio de 2022.

Para máis información, prema aquí.

Actualización da normativa de avaliación

Publicouse no DOG de hoxe a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Nesta Orde desenvólvense os cambios que establece a Lei orgánica 3/2020 (LOMLOE) para levar a cabo os procedementos de avaliación, promoción e titulación. Trátase, por tanto, dun texto de gran relevancia que deberá ser estudado minuciosamente polos órganos de coordinación docente do centro para garantir a súa correcta aplicación.

A continuación ofrecemos varios documentos nos que as familias poden acceder a un resumo dos cambios que trae a nova normativa [elaboramos un documento por cada unha das etapas afectadas]. Tamén poderán consultar unha versión actualizada do calendario escolar, xa que houbo que reformular algunhas das avaliacións do mes de xuño.

Solicitudes de admisión para ESO e bacharelato [2022/23]

Relación de vacantes que oferta o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2022/23:

  • 1º ESO: 5 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou mediante reserva).
  • 2º ESO: 27 prazas.
  • 3º ESO: 14 prazas. 
  • 4º ESO: 8 prazas.
  • 1º BAC: 21 prazas.
  • 2º BAC: 25 prazas.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse cubrindo un formulario, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado:

  • Para a opción manual, hai que descargar o modelo ED550B. Fagan clic en calquera destes enlaces para efectuar a descarga: versión en galego / versión en castelán.
  • Para a opción telemática, o formulario poderá cubrirse na aplicación admisionalumnado [menú Solicitudes > Admisión > Crear]. No caso de que opte por utilizar a devandita aplicación, teña en conta que cando confirme a solicitude se xerará un informe en pdf.

Para presentar a solicitude poderá:

  • Entregar a documentación no centro educativo de primeira elección.
  • Presentar en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Notas de interese:

  1. O alumnado que estea matriculado no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.
  2. Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
  3. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  4. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Normativa e documentación de referencia:

Distribuir contido


by Dr. Radut