A Orde do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22, establece na disposición adicional primeira a ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario.
Textualmente: “As prazas que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2021/22."
As prazas dos módulos que resulten vacantes polo réxime ordinario poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas no prazo comprendido entre o día 5 e as 13:00 horas do 8 de outubro, ambos incluídos. No réxime de persoas adultas a matrícula realízase por módulos soltos, polo que o alumnado interesado poderá matricularse en calquera dos módulos profesionais que teña prazas vacantes do ciclo formativo (tanto de primeiro como de segundo curso), sempre que se garanta a compatibilidade horaria do 90.
Relación de vacantes no ciclo superior de Xestión de vendas e espazos comerciais:
1º curso:
- (MP0179)Inglés: 24 vacantes.
- (MP0623)Xestión económica e financeira da empresa: 24 vacantes.
- (MP0930)Políticas de márketing: 24 vacantes.
- (MP0931)Márketing dixital: 24 vacantes.
- (MP0933)Formación e orientación laboral: 24 vacantes.
- (MP1010)Investigación comercial: 24 vacantes.
2º curso:
- (MP0625)Loxística de almacenamento: 23 vacantes.
- (MP0626)Loxística de aprovisionamento: 23 vacantes.
- (MP0926)Escaparatismo e deseño de espazos comerciais: 23 vacantes.
- (MP0927)Xestión de produtos e promocións no punto de venda: 23 vacantes.
- (MP0928)Organización de equipos de vendas: 23 vacantes.
- (MP0929)Técnicas de venda e negociación: 23 vacantes.
Máis información aquí.