Skip to Content

Acreditación de competencias

Comunícase que con data 8 de xaneiro de 2016 foi publicada a convocatoria do proceso de acreditación de competencias dirixido a persoas con experiencia profesional que carecen de certificación oficial da súa cualificación.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e remata o 8 de febreiro de 2016.

Enquisa da convivencia escolar

A vixilancia e a mellora do clima de convivencia escolar son obxectivos compartidos por todos os centros de ensino. De feito, boa parte da documentación que elaboramos e manexamos no IES Pintor Colmeiro vai dirixida a ese propósito. Véxase, a modo de exemplo, a sección PLANS E PROXECTOS do apartado de DOCUMENTACIÓN desta web.

A administración educativa galega acaba de comunicarnos que xa están dispoñibles as ferramentas coas que se vai levar a cabo unha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar, unha actuación que se enmarca dentro do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020, de recente aprobación [información oficial nesta ligazón]. 

Segunda convocatoria de axudas para material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG do 10 de novembro a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 [ver arquivo adxunto].

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Vacantes de ciclos formativos para persoas adultas [2015-16]

A Orde do 11 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2015-2016; establece na disposición adicional primeira a ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario. Textualmente:

Xornada de acollida das familias do alumnado da ESO

O día 15 de outubro (xoves) terá lugar a sesión de acollida das familias do alumnado da ESO. A actividade dará comezo ás 19.30 horas na aula Audiovisuais 3 e desenvolverase de acordo co seguinte guión:

MATERIAS PENDENTES

Empezou outubro e con el as clases das tardes para recuperar algunhas das

materias pendentes.

Consulta o calendario adxunto.

Tamén atoparás información sobre a titoría de pendentes e os procedementos máis habituais para a recuperación das materias.

 

Calendarios para organizar o curso

Un ano  máis a Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha boa colección de calendarios escolares para programar mellor o curso.  De certo que hai algún que che é de utilidade. 

Fondo solidario 2015/16 - Adxudicación de libros de texto

No documento adxunto publicamos a listaxe definitiva na que figuran os libros que recibirá o alumnado de 2º e 4º de ESO que se acolleu á convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2015/16 (Orde de 21 de maio de 2015, DOG de 1 de xuño).

A entrega dos libros realizarase a partir do 16 de setembro nos termos que establece o artigo 19 da devandita convocatoria (pode consultala aquí).

Axudas para a adquisición de material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG de hoxe a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

-Ensinanzas e cursos aos que afecta. 

A convocatoria de material escolar diríxese ao alumnado matriculado en calquera curso de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Bolsas para estudos postobrigatorios [2015-2016]

Acaba de publicarse no BOE a Resolución pola que se convocan bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2015-2016 (bacharelato, ciclos formativos e FP básica). No adxunto podes acceder ao texto completo da devandita Resolución.

As solicitudes deben cumprimentarse na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte [aquí], entrando na opción "Trámites y servicios".

O período de solicitude desta convocatoria remata o 30 de setembro de 2015. 

Distribuir contido


by Dr. Radut