Skip to Content

Probas de acceso a ciclos formativos [2021]

Publicada a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Podes consultar o calendario do proceso nesta ligazón.

Máis información no portal educativo da Consellería de Educación.

Dous novos premios para o noso centro

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro acaba de ser premiado polos traballos presentados dentro da convocatoria do concurso de lemas contra a violencia de xénero convocado pola Xunta de Galicia co gallo do 25-N.

Podes ampliar esta información no noso recuncho web Vida no Colmeiro.

Bota a andar a Iniciativa ARCO

Esta semana bota a andar no noso centro a Iniciativa ARCO, unha liña de traballo que ten como obxectivos o favorecemento da participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social.

Grazas á implementación de ARCO, o noso centro vai contar ata final de curso cun docente que contribuirá á mellora das competencias no ámbito sociolingüístico do alumnado de 1º de ESO.

O IES Pintor Colmeiro, premiado por un proxecto de innovación educativa

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro acaba de gañar un Premio de Innovación Educativa cun proxecto sobre o consumo responsable, organizado polo Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade [ver publicación no DOG].

O traballo foi realizado polo alumnado de Tecnoloxía e de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato do curso 2019/20, baixo a coordinación do docente Pablo Eiras.

A idea foi analizar a etiquetaxe de diferentes produtos de uso cotiá e fixarse en diferentes aspectos das mesmas que pasan desapercibidos, así como a darlle significado a outros. 

No traballo realizado, que ten formato de aplicación para o móbil, estudáronse diferentes tipos de etiquetas: téxtiles, tecnolóxicas, medioambientais, alimentos frescos, videoxogos, relacionadas coa orixe, etc. Así, por exemplo nas téxtiles, reciclaxe e videoxogos indícase o que significan eses símbolos que vemos habitualmente, pero que con frecuencia non sabemos moi ben o seu significado.

En alimentos frescos prestouse atención á etiquetaxe de ovos, pan galego, aceite de oliva, orixes protexidas, etc, vendo que hai bastante diversidade de produtos, e que ao mellor non estamos comprando o que pensabamos.

Nas tecnolóxicas prestouse atención á etiquetaxe de diferentes produtos; por exemplo, no apartado de pneumáticos, interpretando o que significan as letras que figuran nas etiquetas transformándoas en unidades reais, entendibles polos consumidores, como son a distancia de freado ou litros de combustible aforrados.  Así tamén no apartado de electrodomésticos, onde se fai a interpretación das letras e consumos que figuran na etiqueta, mesmo incorporando un link a un excel que che permite calcular e comparar o aforro que supón a compra dun electrodoméstico ou outro, simplemente introducindo os valores que figuran na etiqueta. 

O traballo pódese ver, en formato para o móbil, na seguinte ligazón: https://deluxe.123freeapps.com/5e37fed0789ab

Coidámonos, coidémonos

Lembramos que é necesario que as familias realicen diariamente unha avaliación dos síntomas da COVID-19 do alumnado. No caso de atopar síntomas compatibles, pregamos que actúen tal e como se indica no apartado 2A.2 do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 publicado polas Consellerías de Educación e Sanidade: 

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e con algunha das persoas membros do equipo COVID. Para a xustificación da ausencia, non será necesario ningún xustificante médico, abondará co comprobante dos/as pais/nais ou titores/as legais. As ausencias derivadas desta causa terán a consideración de xustificadas aos efectos do protocolo de prevención de absentismo escolar.

Plan de Adaptación á situación COVID 19

Publicamos unha versión actualizada do Plan de Adaptación á situación COVID 19 para o curso 2021-22. Este protocolo foi aprobado pola dirección do centro e remitido ao consello escolar para a súa valoración.

Guía 2020-21

Presentamos a Guía 2020-21, un documento no que a comunidade educativa poderá atopar información relativa a cuestións tales como a asignación de responsabilidades ou os horarios de atención titorial.

Achegamos ligazóns a outros documentos de interese:

CUALE 2020/2021: Comezamos!!!

O día 5 de outubro de 2020 arranca a tempada de CUALE no centro. Premede nesta ligazón para informarvos ao detalle de como se van desenvolver as actividades. 

Listaxes ESO/BAC 2020/21

Publicamos as listaxes do alumnado de ESO e bacharelato segundo a asignación aos grupos.  Os datos que se facilitan son o primeiro apelido e os 4 últimos caracteres do documento de identidade que figura no seu expediente:

COVID-19. Documentación para o inicio de curso

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro está preparando o inicio de curso para que a volta ás clases se desenvolva coas máximas garantías de seguridade sanitaria. Todas as actuacións deseñadas con ese propósito recóllense no Plan de Adaptación á situación COVID 19, que en breve lle será presentado á comunidade educativa. Ofrecemos agora algúns documentos de traballo que consideramos de interese:

  • Enquisa epidemiolóxica. Este documento é unha guía para que as familias actúen en consecuencia. Non é preciso imprimila nin enviala.
Distribuir contido


by Dr. Radut