Skip to Content

Entrega de premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

O Venres asistimos á XIV entrega de premios do Concurso de tarxetas de Nadal de La Voz de la  Verdad.

A participación nesta convocatoria foi asombrosa. Presentáronse un total de 28 colexios das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña con alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria e Educación Especial que achegaron 2385 tarxetas.

A pesar da dificultade, o noso alumnado fíxose un oco. Cecilia Barrado Estévez de 3º ESO C, Elisa Izquierdo Rey  e Paula Ibáñez Torres de 1º ESO C recibiron un merecido diploma polas súas creacións.

 

O xurado, composto por Vanesa Ferreiro Blanco, Joaquín García-Xesto, Anxo Barreiro e Ana I. López Fandiño, tivo unhas palabras especiais para Roi Carreira Paradela de 1º ESO D. Outorgáronlle o Premio Especial do Xurado, concedido a traballos que merecen un recoñecemento único. Ás veces os premios van máis aló dunha achega económica ou un diploma e o galardón mídese polo respecto e o trato recibido. O Xurado mediu xestos, tempos e palabras. Dedicou un momento exclusivo a Roi Carreira, subliñando o seu meritorio traballo e sinalando que non era só a mellor creación desta convocatoria, senón a de todas as edicións dos últimos anos.

O dito, todo un orgullo o noso alumnado. Parabéns e grazas polo voso talento!!

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut