Novas datas para as probas do DELF Scolaire 2020
A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de acordo co Centro Nacional de Exames dos servizos da Embaixada de Francia en España confirmaron as novas datas para as probas do DELF Scolaire 2020 (calendario en arquivo adxunto).
A continuación figuran as opcións ofertadas aos candidatos:
- Estes realizarán as probas na nova convocatoria do próximo mes de outubro. Neste caso, o alumnado non terá que realizar ningún trámite: o seu reinscripción será automática.
- Se un candidato non quere presentarse en outubro e opta pola convocatoria das probas de DELF Scolaire de 2021, poderá solicitar (antes do 26 de xuño de 2020), a través do correo electrónico delfdalf@afcoruna.com, un cambio de matrícula para a devandita convocatoria. Este recibirá unha acreditación válida para o período de inscrición de 2021. Se este alumno decidise presentarse a un nivel superior só tería que abonar a diferenza de taxas de exame.
- Se un alumno, por calquera motivo debidamente xustificado, non puidese presentarse en ningunha das convocatorias ofrecidas, poderá solicitar a través do correo electrónico delfdalf@afcoruna.com o reembolso das taxas de matrícula.
- Os alumnos de 2º de Bacharelato, aínda que xa non pertenzan ao seu centro escolar de referencia, poderán presentarse ás probas na nova convocatoria de outubro de 2020. Igualmente, ofreceráselles a oportunidade de presentarse ás distintas convocatorias de exame DELF Tout Public (versión adulta) establecidas para o ano 2021 (febreiro, xuño, outubro). Para estes efectos, solicitarán un cambio de matrícula (antes do 26 de setembro) e recibirán unha acreditación válida para calquera das devanditas convocatorias. Neste caso, só abonarán a diferenza do importe das taxas de exame.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Calendrier 2020-10-S_2.pdf | 121.79 KB |