Skip to Content

Convocatoria asamblea xeral Asociación Nais Pais IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Asociación de Nais e Pais, coa colaboración da Dirección do Centro, invítavos a unha reunión co actual Equipo directivo o vindeiro luns, día 17 de outubro, ás cinco e media da tarde, no Salón de Actos do Centro.

Acto seguido, as 18:00 h. en primeira convocatoria, e ás 18:30 h. en segunda convocatoria, a Xunta directiva da ANPA, convoca unha ASAMBLEA ORDINARIA coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior

  2. Actividades realizadas no curso anterior

  3. Estado de contas e aprobación das mesmas.

  4. Acto de Graduación de 2º de Bac.

  5. Continuidade de Obradoiros para as familias.

  6. Plan xeral de actuación da Asociación

  7. Rogos e preguntas.

Despois, acorde cos Estatutos da Asociación, celebrarase a ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para renovar a Xunta Directiva da ANPA.

Esta reunión ten lugar só unha vez ao ano, e polo tanto, cumpre tamén a importante función de establecer contacto entre o centro, a ANPA e as nais e pais do alumnado do IES.

En Lugo a 14 de Outubro do 2022

 

A Presidenta da A.N.P.A.

 

Achégase formulario de inscripción para entregar nas oficinas do centro

 

Grazas pola vosa colaboración

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut