Skip to Content

Xornada de Portas Abertas no Campus de Lugo da USC

Xornada de Portas Abertas o vindeiro venres 25 de xuño no Campus de Lugo, onde se concentran varias das novas ofertas de grao da USC como o novo grao en Xestión Cultural, que comeza no curso académico 2021-2022, ou os Graos en Bioquímica e Empresa e Tecnoloxía, que se iniciaron no presente curso. Todos eles son graos únicos no Sistema Universitario Galego e súmanse a outros de implantación recente, os Graos en Robótica e en Paisaxe.

Esta Xornada de Portas Abertas vai dirixida especialmente ao alumnado que acaba de rematar as probas ABAU e aos seus pais e nais.

Xunto coa presentación das titulacións, darase información sobre os servizos para o alumnado como son as residencias universitarias. Este é un resumo das quendas e percorridos ofertados.

 

 

Para inscribirse na Xornada, as persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario:

https://forms.office.com/r/qEzbsCMxtq

Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo: aponte.lugo@usc.es

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut