Skip to Content

Convocatoria asamblea extraordinaria da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Prezadas familias, vos convocamos para o vindeiro 21 de xuño a asamblea extraordinaria para renovar cargos da Xunta Directiva, o de presidente fixo,  que recae sobre esta que vos escribe, e rematei a miña etapa como nai no Centro. Tamén vos adxunto as contas a día de hoxe cos gastos e ingresos que houbo dende o 2/01/2021 que foron as derradeiras contas presentadas e aprobadas en Asamblea.

Primeiro darvos as grazas por a confianza depositada e vos animo a que participedes como candidatos a coller os cargos cesantes, todas as familias son importantes, mais sería bo que as familias que están nos primeiros cursos da ESO formasen parte da directiva, xa que participarían con unha visión  dende toda a traxectoria das etapas.
 
Non vos debe dar medo coller ningún dos cargos saintes, queda moito traballo feito en canto a modelos de documentos tanto prara a Administración, Banco, Federación, etc. A ANPA do IES pouco ten que ver con a dun centro de primaria en canto organizar actividades para o estudantado, mais si que cumpre un papel moi importante como nexo das familias co Centro en canto a consultas, ter un diálogo ante problemáticas diversas, cambios, etc, e en situacións de decisións das administracións que perxudiquen aos  nosos fillos e / ou as familias. Sería unha pena que tivese que desaparecer a anpa por non haber candidatos. 
 
Por outra banda, os que se animen, se teñen dúbidas de calquera tipo, eu aínda que marcho, deixarei o meu email e o meu teléfono para axudar no que poda.
 
Moitas grazas.
Berta Villamor Catoira 

 

Convocatoria  

ASAMBLEA  EXTRAORDINARIA

da

ANPA DO IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES  (LUGO)

 

A Xunta directiva da ANPA, acorde cos Estatutos da Asociación, convoca ASAMBLEA  EXTRAORDINARIA para o vindeiro  21 de xuño, lunsás 19:30 da tarde en primeira convocatoria, e ás 20:00 en segunda coa seguinte e única orde do día:

 

-       RENOVAR XUNTA DIRECTIVA, xa que hai que cubrir cargos vacantes,  entre eles o de PRESIDENTE, porque  hai persoas que cesan no cargo.

 

Dita ASAMBLEA terá lugar no Salón de Actos do Centro (este salón esta no segundo andar) de maneira presencial ou por videochamada a través do seguinte enlace:

https://meet.google.com/nyc-yibi-dud

           

Prégase puntualidade e a maior asistencia posible

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut