Skip to Content

Charla sobre hábitos de estudio

Interesados enviar correo electrónico á anpaiesollosgrandes@gmail.com, indicando nome e apelidos.

Nesta charla analizamos de maneira práctica como  instaurar bos hábitos de estudo no fogar. Abordamos tanto a instauración de bos hábitos no estudo como a eliminación dos malos hábitos e ensinámosvos ás familias como abordar os problemas máis habituais que nos atopamos ao instaurar un estudo eficaz no fogar.

Debemos ter en conta ademais que a instauración de bos hábitos de estudo é beneficiosa non só para mellorar as notas académicas senón tamén para mellorar a autoestima dos nenos, a súa confianza e a súa actitude cara aos estudos e o resto de responsabilidades.

Propoñémosvos varios trucos e formas prácticas de abordar o estudo desde casa e ao final do curso resolveremos dúbidas específicas de como abordar un correcto hábito de estudo. É un curso moi realista que vos expón situacións do día a día e que nos axudará a establecer correctos hábitos á hora de estudar en casa.

O  link para asistir, con  Skype, non fai falta inscribirse, enviarase ós interesados que se inscriban no correo anpaiesollosgrandes@gmail.com.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut