Presentación dos proxectos STEMbach
Estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes presentaron este martes 9 de febreiro os seus proxectos de investigación dentro do programa educativo STEMbach.
Na foto, de esquerda a dereita, os alumnos Aurora, Nuria, Marta, Álex, Carmen, Carlos, Marta R. e Iria, ca profesora coordinadora, Pilar Fernández Illán.
Os alumnos participantes nesta convocatoria fixeron este martes a exposición pública dos seus traballos científicos no salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.
Esta iniciativa, pretende fomentar a vocación do alumnado hacia a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria.
O STEMBach, inclúe o desarrollo dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática, científica e tecnolóxica mediante os elementos e os procedementos da investigación e o método científico, dunha maneira rigurosa, ordenada e crítica.
Os proxectos presentados foron "Simulador de ondas sísmicas" (Daniel e Ánder), "Sucesión de Fibonacci na natureza" (Iria e Álex), "Concentración de proteínas nas leites e bebidas vexetais" (Marta C. e Marta R.), "Propagación de variedades galegas de Arnica Montana L. por cultivo in vitro" (Carmen, Carlos e Nuria) e "A PCR como ferramenta para a detección de fraude alimentario" (Aurora).
A día de hoxe, 18 de febreiro, o alumnado STEM recibiu o seu diploma que acredita o bo traballo feito.
Parabéns!!!