Skip to Content

Entrega de premios Europa Challenge

O Goethe Institut dentro da iniciativa Pasch organizou o concurso Europa Challenge para todos os alumnos dos centros Pasch de toda Europa. Os participantes do noso centro foron os alumnos tanto de 1º coma de 2º de Bacharelato que cursan alemán. De maneira individual realizaron un vídeo para instagram falando da importancia de formar parte da Unión Europea e dos valores, vantaxes e retos que ten a mesma actualmente. Dende o departamento de alemán agradecemos a participación e celebramos ter tres alumnas gañadoras entre todos os participantes. Parabéns!


As gañadoras son: 6º posto Ana Bruzos de 1º Bacharelato G.


8º posto Sabela Saavedra de 1º Bacharelato E

e Alba López Bruzos de 2º de Bacharelato F.

 Parabéns!

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut