Devolución libros de texto ESO curso 2019-2020 e libros da Biblioteca en préstamo
Achégase calendario para a devolución dos libros de texto en préstamo para o alumnado da ESO.
- A devolución efectuarase na zona da conserxería sur do centro (lado do CEIP Anexa).
- Os libros deberán estar en bo estado e sen anotacións.
- Por razóns de seguridade non se manipularán os libros no momento da entrega (teñen que vir borrados da casa).
- Prégase puntualidade.
IMPORTANTE: Ese mesmo día e hora, unha vez devoltos os libros de texto, o alumnado que teña libros da Biblioteca en préstamo deberá achegarse ata esta para a súa devolución.
O alumnado de 1º de Bacharelato procederá á devolucións dos libros da Biblioteca en préstamo o día 19.06.2020, en horario de 10:00 a 13:00.