Skip to Content

Reunión ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes: xoves 17 de outubro, as 18:00 horas

A Asociación de Nais e Pais, coa colaboración da Dirección do Centro, invítavos a unha
reunión coa actual Equipa directiva para falar deste novo curso escolar que xa comezou.
Poderedes preguntar e plantexar todas aquelas cuestións, necesidades e ideas para desenrolar
que sexan do voso interese e informarvos dos proxectos para este novo curso escolar.
A reunión terá lugar no Salón de Actos do Centro (este salón esta no segundo andar), o vindeiro
día 17 de outubro, xoves, ás seis da tarde.

Lembra: xoves 17 de outubro, as 18:00 horas no Salón de Actos do instituto do teu fillo/a.

Acto seguido, as 18:30 h. en primeira convocatoria, e ás 19:00 h. e en segunda convocatoria, a Xunta directiva da ANPA, convoca unha ASAMBLEA ORDINARIA coa seguinte orde do día:
 Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior
 Actividades realizadas no curso anterior
 Estado de contas e aprobación das mesmas.
 Acto de Graduación de 2º de Bac.
 Continuidade de Obradoiros para as familias.
 Plan xeral de actuación da Asociación
 Rogos e preguntas.

Despois, acorde cos Estatutos da Asociación, celebrarase a ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para renovar a Xunta Directiva da ANPA.

Esta reunión ten lugar só unha vez ao ano, e polo tanto, cumpre tamén a importante función de establecer contacto entre o centro, a ANPA e as nais e pais do alumnado do IES.
Prégase puntualidade e a maior asistencia posible

En Lugo a 8 de Outubro do 2019

A Presidenta da A.N.P.A.

(Se aínda non es socio/a, podes facelo ingresando 12 euros por familia na conta do Banco Santander, Nº ES86ES86ES86 -0049 -6717 -63226322 -9006 -6185 6185, ou na secretaria do centro, facendo constar o nome do alumno ou alumna e o curso.)
É moi importante aumentar o nº de socios da ANPA para que desde esta asociación se poda continuar e ampliar as actividades para as familias e coas que colaboramos habitualmente co Centro.

Achégase formulario de inscripción para entregar nas oficinas do centro

Grazas pola vosa colaboración

 

AdxuntoTamaño
Folla Inscripción.pdf198.67 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut