Visita da delegación do Instituto Estatal de Calidade e Investigación escolar de Munich
A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes con representantes do Instituto Estatal de Calidade Escolar e Investigación Educativa de Munich, no marco da estadía desta delegación alemá para coñecer o sistema educativo galego.
Docentes do centro e a delegación xermana afondaron na metodoloxía didáctica para impartir materias relacionadas coa Intelixencia Artificial.