Skip to Content

Xornadas de consolidación de centros PASCH

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acude á recepción na residencia da embaixadora alemana en España no marco das "Xornadas de consolidación de centros PASCH" (centros educativos amigos da lingua e cultura alemanas) organizadas polo Goethe Institute, na súa sede en Madrid.

Durante estas xornadas trátase de intercambiar experiencias e seguir fomentando a través de diferentes proxectos o estudo da lingua alemá.

Nesa mesma liña, no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes seguimos a fomentar o alemán neste caso convocando un concruso de comics nesa lingua. Na foto os gañadores do premio cos seus diplomas. Parabéns!

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut