Skip to Content

Erasmus Days

No IES Nosa Señora dos Ollos Grandes esta semana celebraremos os "Erasmus Days" inaugurando unha exposición de fotografías e carteis realizados polo alumnado participante nas mobilidades do ano pasado.

Aproveitaremos a presenza de estudantes franceses (mobilidade de longa duración) e estudantes noruegueses e islandeses para ler un pequeno manifesto nas distintas linguas.

Erasmus Days é unha campaña que pon en valor os beneficios das mobilidades europeas mediante a difusión dos proxectos do programa Erasmus +

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut