Skip to Content

Entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach

O venres, día 9 de xuño, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC en Santiago, acolleu o acto de entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2023, un evento no que estivo presente o noso alumnado.

O programa STEMbach é un proxecto impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, en colaboración coas universidades galegas, que ten como obxectivo fomentar o ensino das chamadas disciplinas  STEM (ciencias, tecnoloxía e matemáticas) entre os estudantes de bacharelato, involucrándoos para iso en proxectos de investigación tutelados por profesores universitarios.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut