Skip to Content

Conmemoración do día do libro

O xoves 20 de abril, co motivo da celebración o día 23 de abril do día do libro, acompañounos a escritora Ánxela Gracián, que falou sobre o seu libro "Donas de nós".

Asistiu o alumnado de 1º ESO, que traballou esa obra na clase de Lingua e Literatura Galega e fixeron unhas ilustracións en Educación Plástica. Ademais fíxose unha exposición desas ilustracións.

 

Para rematar, Gerald e Cristina interpretaron a canción "A Fala", musicada por Gerald e a letra un poema de Manuel María.

 

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut