Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Maio 19, 2017 »
Ven
Start: 15/05/2017
End: 19/05/2017

Dende a Biblioteca do centro celébranse as seguintes actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado este ano a Carlos Casares:

  • Exposición da obra bibliográfica do autor durante toda a semana no corredor, narrativa e ensaística.
  • Exposición sobre a vida e obra do autor nos expositores diante da Biblioteca, pósters facilitados pola Consellería.
  • Proxección de imaxes durante todo o día na Biblioteca: recursos da Fundación Carlos Casares.
  • Raps en galego elaborados por 1º de Bacharelato e dirixidos por Áurea durante o recreo do martes.
  • Audicións musicais de pezas galegas o venres no recreo a cargo de alumnado de 4º de ESO de Música e Expresión vocal e coral de Bacharelato.

Mais imaxes na Galería do centro.

Alumnos de 3º de primaria do CEIP Anexa representan a obra “Os inventos noxentos” para o alumnado do centro. Previamente faise unha semblanza de Carlos Casares a cargo de alumnado colaborador do EDLG.

O acto consiste nunha semblanza do autor homenaxeado na edición 2017 das Letras Galegas, Carlos Casares; a presentación dunha nova edición da revista do centro “Tempus das Letras” e a entrega o premio Institución Amiga do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, que este ano se lle otorga a Afundación Abanca.

Distribuir contido


by Dr. Radut