Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Marzo 08, 2017 »
Mér

Segundo encontro do proxecto "Fálame da emigración" en colaboración con Afundación Abanca.Na primeira parte escoitaran experiencias de persoas da terceira idade que foron emigrantes en distintos países.

Agora, despois de facer unha investigación na súa familia, oito alumnos expuxeron, para esas mesmas persoas e para os seus compañeiros, as historias que viviron os seus parentes. Como remate da actividade fixeron unha análise conxunta das causas, consecuencias e circunstancias da emigración galega ao longo dos dous últimos séculos.

Ver mais fotos na Galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut