Skip to Content

3º trimestre

2º ESO B, gañador do II Concurso Aulas Sostibles, Aulas Limpas

20/06/2018
Europe/Madrid

O grupo 2º ESO B resultou gañador da 2ª edición do Concurso Aulas Sostibles, Aulas Limpas dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes polo seu traballo sostido ao longo de todo o curso por mantener un entorno de traballo coidado e agradable.

PARABÉNS!!

"Etiquetas" unha obra de teatro inclusiva e igualitaria

18/06/2018
Europe/Madrid

Representación "Etiquetas" / Programa Aulas I + I do Plan Proxecta 2018, alumnado dos IES Lucus Augusti e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

 Trala representación da obra "Etiquetas" os protagonistas organizaron unha charla informativa explicando o desenvolvemento do proxecto e respostando as preguntas do público. Unha idea que xurdiu por iniciativa do alumnado e que contribúe a consolidar o manifesto fronte a igualdade e a inclusión nos centros de ensino. Un remate dialóxico para un proxecto inesquecible. Moitísimas grazas a tod@s.

Charla-coloquio con Santiago Jaureguízar

15/05/2018
Europe/Madrid

O alumnado do clube de lectura do centro participa nunha charla-coloquio con Santiago Jaureguízar, autor da obra "O veleno da risa".

Mais imaxes na Galería  do centro.

Intercambio co Tibble Gymnasium

02/05/2018
09/05/2018
Europe/Madrid

Intercambio co Tibble Gymnasium de Täby, Suecia. No marco do proxecto europeo Erasmus+ “CHARM - Convivencia e a importancia de vivir en armonía”.

Mais imaxes na Galería do centro.

lube de lectura interxeneracional en Afundación

09/05/2018
Europe/Madrid

Sesión conxunta dos alumnos do club de lectura de 2º de ESO co club de lectura de Afundación.

Mais imaxes na Galería do centro.

Viaxe a O Caurel

03/05/2018
04/05/2018
Europe/Madrid

Viaxe de dous días a O Caurel polo alumnado do Ciclo Formativo Técnico Superior en Animación de Activiades Físicas e Deportivas.

Mais imaxes na Galería do centro.

Correlingua 2018

09/05/2018
Europe/Madrid

Celebración do Correlingua 2018 polo alumnado de 1º ESO.

Mais imaxes na Galería do centro.

Charla: “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual. unha nova forma de violencia de xénero”

08/05/2018
Europe/Madrid

Charla impartida por Cáritas sobre a trata de mulleres e a violencia de xénero. Incluída no plan Proxecta e no Plan de Acción Titorial, dirixida ao alumnado de 2º da ESO. 

Mais imaxes na Galería do centro.

Viaxe a Santiago-Marín. Relixión intercentros

07/05/2018
Europe/Madrid

Viaxe intercentros a Santiago de Compostela e Marín, do alumnado de Relixión. Realizado conxuntamente con outros centros da comarca.

Mais imaxes na Galería do centro.

Charla “E Hawking dixo: fágase a luz”

04/05/2018
Europe/Madrid

Charla impartida por Alejandro Vilar López, doutorando de física teórica na USC, ao alumnado de 2º bacharelato.

Mais imaxes na Galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut