Skip to Content

Taboleiro

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Os alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Manuel Alonso Cousido de 2º B e Claudia Fernández Campo de 2º H (esta última á espera de saber o resultado do desempate) están no listado provisional de estudantes que obtiveron o premio extraordinario de Bacharelato, unha proba a que este ano se presentaron 765 estudantes e que premia aos 20 mellores de Galicia.

Parabéns a Manuel e Claudia polo bo traballo feito.

Acto de entrega de matrículas de honra ESO

No Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrouse o acto de entrega da distinción de matrícula de honra aos mellores expedientes na ESO:  Miguel, Paula, Gabriel e Ana.

Faltaba Sofía que non puido asistir.

Parabéns!!

 

Calendario de reclamacións

Revisión e reclamacións ESO e 1º Bacharelato

Avaliación Ordinaria

Procedemento de revisión

25 de xuño 2021

Entrega de notas e revisión ante o profesor

28 e 29 de xuño 2021

(De 09:00 a 14:00 hh.)

Reclamacións ante o centro

30 de xuño de 2021

Comunicación á familia da resolución do departamento e/ou xunta de avaliación

2 de xullo de 2021

(Ata as 14:00 hh.)

Reclamación ante a Xefatura Territorial

 

(*)Segundo o establecido na Orde de 2 de marzo de 2021 por la que se regula el derecho del alumnado a la objetividad en la evaluación y se establece el procedimiento de reclamación de las calificaciones obtenidas y de las decisiones de promoción y obtención del título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato

  

Revisión e reclamacións CICLOS

 

Avaliación Ordinaria

Procedemento de revisión

23 de xuño 2021

Entrega de notas e revisión ante o profesor

24 e 25 de xuño 2021

(De 09:00 a 14:00 hh.)

Reclamacións ante o centro

30 de xuño de 2021

(último día)

Comunicación da resolución por parte da dirección á persoa solicitante

Contra esta resolución a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación; a dita resolución esgotará a vía administrativa

 

(*)Segundo o establecido na ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

 

Calendario de reclamacións-extraordinaria- 2ºBAC

 

Data

Procedemento de revisión

23 de xuño 2021

(De 10:00 a 13:00 )

Revisión ante o/a profesor/a (evitando aglomeracións)

24 e 25 de xuño 2021

(Ata as 14:00 )

Reclamacións ante o centro (Contra a avaliación nunha materia ou decisións de promoción ou titulación. Por escrito. Modelo en oficinas)

28 de xuño 2021

Comunicación á familia da resolución do departamento e/ou xunta de avaliación

29 de xuño 2021

(Ata as 14:00 )

Presentación das reclamacións ante Xefatura.

5 de xullo 2021

Resolución das reclamacións na Xefatura Territorial

8 de xullo 2021

Comunicación da resolución á CIUG e aos centros

 

 

Publicación das cualificacións provisionais da ABAU convocatoria ordinaria

Publicadas as cualificacións provisionais da ABAU, convocatoria ordinaria, máis do 98 % dos alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes que participaron na parte obligatoria das probas ABAU 2021 acadaron a cualificación de APTO.

Poden consultar as notas en  https://www.edu.xunta.gal/nerta/

Parabéns  polo bo  traballo feito!!

Xornada de Portas Abertas no Campus de Lugo da USC

Xornada de Portas Abertas o vindeiro venres 25 de xuño no Campus de Lugo, onde se concentran varias das novas ofertas de grao da USC como o novo grao en Xestión Cultural, que comeza no curso académico 2021-2022, ou os Graos en Bioquímica e Empresa e Tecnoloxía, que se iniciaron no presente curso. Todos eles son graos únicos no Sistema Universitario Galego e súmanse a outros de implantación recente, os Graos en Robótica e en Paisaxe.

Esta Xornada de Portas Abertas vai dirixida especialmente ao alumnado que acaba de rematar as probas ABAU e aos seus pais e nais.

Xunto coa presentación das titulacións, darase información sobre os servizos para o alumnado como son as residencias universitarias. Este é un resumo das quendas e percorridos ofertados.

 

 

Para inscribirse na Xornada, as persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario:

https://forms.office.com/r/qEzbsCMxtq

Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo: aponte.lugo@usc.es

Calendario de exames estraordinarios 2º BAC

Exames convocatoria estraordinaria - 2º BAC

DÍA/HORA

Mércores 16

Xoves 17

Venres 18

Luns 21

15h00 - 16h30

- Física e Química I

(1.05)

- Inglés I 

(aula Inglés)

- CTMA

(Laboratorio)

   

16h30- 18h00

- Matemáticas I

(1.04)

- DTII

(aula plástica)

- Química II

(1.05)

- Inglés II

(aula Inglés)

- Economía da Empresa (2.04)

- MEN (2.10)

 - PACG (2.11)

18:00 - 19h30

- Psicoloxía II

(1.04)

- Matemáticas II

- Matemáticas Aplicadas II

(4.03)

- Física II

(1.04)

- Hª Arte

(2.04)

- Historia da Filosofía

(4.04)

19h30 - 21h00

- Lingua Galega II

(4.01)

- Lingua Castelá II

(2.04)

-Xeoloxía

(4.04)

- Bioloxía

(4.04)

- Historia de España

(4.05)

 

Alfonso Blanco presenta O PASEO DOS SOÑOS

Alfonso Blanco Torrado, crego, animador sociocultural, escritor, fundador e coordinador de XERMOLOS, presentou no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ao alumnado de 4º ESO  o Paseo dos Soños.

 

                  

O alumnado de 4º ESO, na materia de plástica fixo este traballo sobre o Hectómetro literario. Outros compañeiros traballaron en Lingua Galega sobre a vida e obra destes persoeiros chairegos.

 

Xela Martínez: unha campiona de fondo

Só unha semana despois de lograr a mellor marca que se recorda en Europa en Sub-16, correndo 3000 metros, Xela Martínez, alumna do noso centro, volveu impresionar no campionato de España Sub-16. Esta vez batiu o récord de 1000 metros. Velaí como o contou a prensa da cidade: El Progreso.

Noraboa!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut