Skip to Content

3º trimestre

Acto de entrega das matrículas de honra

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrou un acto de recoñecemento no que se premiou con Matrícula de Honra os mellores expedientes de Bacharelato de toda a promoción, poñendo en valor o esforzo académico do alumnado premiado que se mostra na foto.

 

Parabéns!!!

Visita á exposición Do Camiño ao papel

Alumnos de 4º da ESO visitaron a exposición Do Camiño ao papel.

  

A continuación fixeron un recorrido polo Camiño de Santiago na cidade.

 
 

Paseo literario. Por Lugo en Galego.

Alumnado de 3º de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes fixo unha andaina polos rincóns literarios de Lugo visitando a Castelao, Xela Arias, a casa na que viviiu Rosalía de Castro, Anxel Fole e Luís Pimentel.

Acompañaron aos alumnos as profesoras de galego Mª Jesús Mourín e Cristina Soto

Foi unha actividade organizada polo departamento de galego.

    

    

Saída ao Parque Rosalía de Castro

Alumnado de 1º de Bacharelato saíu de andaina ao Parque Rosalía de Castro.

         

O obxectivo era coñecer a capacidade aerobia de cada un empregando só un teléfono móbil e facendo un percorrido de 1600m.

   

Esta actividade estivo organizada dentro da materia Anatomía aplicada.

    

Ciclo de conferencias Pantallas amigas

O alumnado da ESO participou no ciclo de conferencias Pantallas amigas

Trátase de sensibilizar ao alumnado para un uso seguro e saudable de internet.

Conmemoración do Día das Letras Galegas 2021

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes sumouse a conmemoración do Día das Letras Galegas dedicado esta ano a Xela Arias.

Alumnos de ESO fixeron lectura e musicaron varios poemas de Xela.

  

 

Participación no programa Dígocho eu da TVG na plataforma Twitch

Alumnado de 2º ESO participou online na presentación da canle Twitch, plataforma de vídeos en directo, cunha primeira sesión de #DígochoEu en streaming.

A sesión, na que participaron o seu director Carlos Amado, a xornalista Esther Estévez e a lingüista Rocío Pérez estivo protagonizada pola intervención en directo dos nosos alumnos, que fixeron unha morea de preguntas.

   

 Podedes ver a emisión en: https://www.crtvg.es/informativos/asi-foi-a-estrea-do-digochoeu-en-twitch

Formación en emprendemento STEM

Primeira sesión da formación programada sobre emprendemento e STEM, dentro do proxecto europeo TEMP-PHERECLOS, no que participa o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes xunto cas universidades de Santiago de Compostela e Oporto, ademais doutros centros de Galicia.

Iniciación ós deportes náuticos 2º ESO

17/06/2018
22/06/2018
Europe/Madrid

Alumnado de 2º da ESO viaxa a El Mar Menor - Murcia, para desenvolver actividades de iniciación á vela e aos deportes náuticos.

Mais imaxes na Galería do centro.

Iniciación ós deportes náuticos alumnos do ciclo TAFAD

03/06/2018
08/06/2018
Europe/Madrid

O alumnado do ciclo superior TAFAD participa en actividades de iniciación á vela e os deportes náuticos en La Manga del Mar Menor - Murcia.

Mais imaxes na Galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut