Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Mercado de Xabóns Artesáns

O Club de Ciencia do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes fixo xabón ecolóxico e puxo un punto de venta na entrada do IES.

Visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes saiu de excursión a Quiroga.

Alí visitaron o Museo Xeolóxico de Quiroga, un dos piares do Xeoparque Montañas do Courel.

 Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta IES Ollos grandes curso 2022-2023, “Patrimonio cultural: Roteiros Vivos”.

Conferencia sobre Ánxeles Alvariño

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á Conferencia "Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia en condicións difíciles" a cargo de Xosé Fraga Vázquez na Deputación Provincial de Lugo.

Ánxeles Alvariño formou parte do grupo de científicas pioneiras en Galicia e España na oceanografía biolóxica.

 

Visita a Ortegal

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visita a Comarca de Ortegal.

Esta saída está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e consiste en facer unha xeorruta pola zona que permita ao alumnado descubrir formacións rocosas moi singulares e apreciar toda a riqueza xeolóxica da zona.

 

Actividade StemBach

En STEM, alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, traballou unha nova aplicación tecnolóxica, a famosa técnica da PCR.

    

A Covid puxo de moda un procedemento fundamental nos novos laboratorios dende a microbioloxía ata a arqueoloxía pasando polos laboratorios forenses.

       

Belén Gómez e Jaime Castro profesores de Xenética en Veterinaria realizaron esta sesión que é o inicio dun novo proxecto STEM.

 

 

Horta do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade de  posta en marcha da horta do IES.

Explicóuselles a estrutura, organizada en bancais, os métodos de plantación, abonado, rega e loita contra pragas.

 

 

Charla: As toxinas mariñas como fonte de medicamentos e indicadores do cambio climático

Alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a charla do profesor da Facultade de Veterinaria Luis M. Botana López que nos describiu os distintos tipos de toxinas mariñas, a súa distribución e aplicación médica, e a súa relación co cambio climático.

 

 

Exposición de cogomelos

No rincón da ciencia iniciamos unha exposición de cogomelos.

Pasa a vela. Anímate a participar e trae algún cogomelo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut