Skip to Content

Taboleiro

Calendario inicio curso 2018-2019

Luns, 17 de setembro

11 horas: presentación 1º bacharelato

12 horas: presentacón 2º bacharelato

13 horas: presentación ciclos formativos

Martes, 18 de setembro

10 horas: presentación 4º ESO

11 horas: presentación 3º ESO

12 horas: presentación 2º ESO

13 horas: presentación 1º ESO

Mércores, 19 de setembro 08:45 horas: Inicio clases en todos os niveis e comedor escolar.

Matrículas honra ESO curso 2017-2018

Entrega de diplomas ás matrículas de honra da ESO 2017-2018: Jesús, Mario, Mario e Inés; falta na foto, María

PARABÉNS!!

Calendario exames setembro 2018

Adxúntase ficheiro co calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro do curso 2017-2018.

Cadernos de campo 1º ESO 2017-2018

Pequeno percorrido polos cadernos de campo elaborados por alumnado de 1º da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Axudas STEMweek

Vense de publicar no DOG (12.06.2018) a Orde do 23 de maio de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek.

Trátase dunha axuda para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2017/18.

 

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

Mais información na web da Consellería.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 12 de xullo.

Convocatoria de axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2018/19

Publicada Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2017/18

O día 15 de marzo, publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

Na mesma establécese que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018 (Prazo de presentación de solicitudes: 02/05/2018 - 01/06/2018)

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro venres, 1 de xuño de 2018.

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2017/18

O día 15 de marzo, publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

 

Nos seguintes artigos de dita orde establécese que:

 

Artigo 4. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018 (Prazo de presentación de solicitudes: 02/05/2018 - 01/06/2018)

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.

As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10.

[...]

3. A celebración da proba terá lugar o día 22 de xuño de 2018 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria https://www.edu.xunta.gal

[...]

(A citada resolución publicouse no DOG do 30 de abril de 2018)

 

Teatro dentro do Proxecta Aulas I + I: Aulas Inclusivas e Igualitarias

 

 

Aulas I + I é un programa do Plan Proxecta para traballar a Inclusividade e a Igualdade no ámbito do ensino. No presente ano académico 2017/18 o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes xunto ao IES Lucus Augusti estamos a desenvolver actividades conxuntas no eido da inclusión entre as que se atopa o taller de teatro "Respectarte", no que participan alumnas e alumnos dos dous centros. coa finalidade de crear un producto que permeta sensibilizar á comunidade educativa respecto á promoción da atención ás persoas con diversidade funcional. 

Colabora: Maisqueteatro e Fundación Tadega

Visita de profesores italianos no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Duas profesoras e un profesor italianos, do centro Istituto Comprensivo Luigi Vanvitelli, de Caserta, están estos días de visita no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O obxectivo da visita e coñecer de primeira man o sistema educativo galego. Para iso visitarán as clases como observadores e entrevistaranse con profesores e membros do equipo directivo do centro. Tamén está prevista a visita a lugares de interés cultural e educativo na localidade e arredores.

Distribuir contido


by Dr. Radut