Skip to Content

Taboleiro

Erasmus +

O pasado xoves celebrouse unha reunión en Madrid entre o Sepie e os representantes das distintas comunidades autónomas.

A Asesoría de internacionalización da Educación da Xunta de Galicia resaltou como exemplo de boas prácticas as mobilidades de longa duración levadas a cabo polo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Xornada de Portas Abertas

O vindeiro mércores, día 31 de xaneiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do centro a Xornada de Portas Abertas.

Esta xornada busca dar a coñecer a oferta educativa do centro, as súas instalacións e parte do equipo docente.

O obxectivo é que as familias e titores coñezan as distintas iniciativas que desenvolve o instituto, medidas de atención á diversidade, innovación, recursos, etc.

Obradoiro sobre adiccións

Himno de Europa para celebrar os "Erasmus days" e a visita Erasmus+ de Islandia e Noruega

Co motivo da celebración dos "Erasmus days" e a visita dos nosos socios de Noruega e Islandia, a sintonía dos cambios de sesión de esta semana é o himno da alegría.

Na súa versión orquestal e na versión local interpretada por alumnado e profesorado no salón de actos. Aquí tedes o vídeo:

 

 

Bolsas probas certificación lingua inglesa

Aberto o prazo de solicitude para ofertar ao alumnado do centro bolsas para as probas de certificación oficial de nivel: Lingua Inglesa.

O prazo para o centro remata o 20 de outubro .

De seren aceptadas as solicitudes pola Consellería de Educación, as probas realizaranse no vindeiro curso 23-24.

Resulta imprescindible para iniciar o proceso un documento de compromiso asinado polas familias e o alumnado interesado que deberá remitirse ao centro antes do 16 de outubro

 

Reunións informativas inicio curso

Achégase información do calendario e horario de reunión titores - familias do curso 2023-2024

Distribución alumnado curso 2023 - 2024

Relación de alumnado, curso e grupo, matriculado.

O código de identificación está composto polo 1º apelido e os catro últimos díxitos do documento de identificación.

Cualificacións provisionais das probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas. Curso 2023/24

Achégase enlace á web da consellería na que se publican as cualfiicacións das probas de acceso ás ensinanzas deportivas, das que celebráronse neste centro as de Atletismo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40606

Calendario exames extraordinarios

Distribuir contido


by Dr. Radut