Skip to Content

Economía

Charla AEAT

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibiu unha charla sobre os impostos impartida pola Axencia Tributaria.

 

Explicáronlles os tipos de impostos e a importancia e a necesidade deles. Tamén lles explicaron que é e para que serve a vixiancia aduaneira.

Visita á Axencia Tributaria

Alumnado de 2º ESO de Educación Financeira visitou a Axencia Tributaria

  

Alí ensináronlles a facer unha consulta, cita previa, sacar número e os distintos departamentos.  Xa no Salón de Actos da AEAT faláronlles dos distintos impostos e da importancia de que todos os paguemos, Tamén respostaron as preguntas que o alumnado plantexou. Foi unha visita amena e moi interesante.

Entrega de premios Consumópolis

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes gañadores do 1º e 3º premios de Consumópolis recibiron un diploma acreditativo e o correspondientes premios de 1000 e 300€

Gañadores do 1º PREMIO

Gañadores do 3º PREMIO

PARABÉNS!!!

Celebración do Día da Muller Emprendedora

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  asistiu á charla de Marta, emprendedora e copropietaria de Como en casa, unha empresa de comida para levar.

Marta contou a súa experiencia como muller emprendedora e falou das dificultades que atopou no camiño. Contounos tamén que ten a percepción de que está aumentando moito o número de mulleres emprendedoras a partir dos 40 anos.

     

Esta charla estivo organizada polo Departamento de Economía do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes co motivo da celebración do Dia da Muller Emprendedora.

   

Visita á I Feira de Outono das Emprendedoras do Rural

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a I Feira de Outono das Emprendedoras do Rural.

Despois de escuitar á Alcaldesa Lara Méndez, tiveron a ocasión de entrevistar a algunha destas Mulleres que os animaron a loitar polo que queren.

Foi unha actividade organizada polo Departamento de Economía do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Charla sobre consumo

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou nunha charla sobre consumo responsable.

Foi unha actividade organizada polo Departamento de Economía na que se trata de reflexionar e promover o consumo responsable. Esto implica consumir menos e aquelo que consumimos que sexa o mais sostible posible.

 

Semana da prensa económica

Na Biblioteca do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, organizada polo Departamento de Economía,  estase a desenvolver a semana da prensa económica.

  

Trátase dunha iniciativa que pretende achegar o día a día da economía ao noso alumnado.

Charla Eduemprende

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á  charla sobre emprendemento dada por Verónica Rguez, emprendedora e cofundadora da consultora Promove.

Veónica disertou sobre o espíritu emprendedor, un dos motores da innovación, a competitividade e do crecemento da economía.

Esta charla está enmarcada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, impulsado pola Xunta de Galicia.

Elas tamén emprenden

O 19 de Novembro celebrouse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o día da Muller Emprendedora.

  

Alumnado de Economía de 2º de Bacharelato presentou no Salón de Actos o traballo Elas tamén emprenden. Un percorrido por coñecidas empresarias co que se pretendía visibilizar a muller emprendedora e contribuir ao empoderamento femenino.

   

Parabéns polo traballo feito!!

 

 

Visita a unha empresa forestal

O xoves 29 de abril, o alumnado de economía de 4º da ESO, asistíu a unha xornada, organizada pala Asociación da madeira na provincia de Lugo, para estudar a importancia do sector forestal en Galicia e na provincia de Lugo en concreto.

        

Comezou a xornada cunha charla explicativa por parte dun técnico da asociación para pasar a probar o funcionamento da maquianria forestal cun simulador. A continuación dirixíronse a unha explotación forestal en Francos (Outeiro de Rei) para ver in situ o manexo de dita maquinaria.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut