Skip to Content

2º trimestre

Día de Rosalía de Castro

O alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes celebrou o Día de Rosalía de Castro.

 

O acto consistiu nun pequeno recitado acompañado por música (acordeón e zanfona, alumnado de 2 Eso; recitado 1 BAC). Danza (alumnas de 1 BAC).

E todo iso co telón de fondo dun retrato de Rosalía (alumnado de Expresión Artistica 4 eso) e traballos realizados por alumnado de 3 ESO.

O STEAM BACH Ollos Grandes

Famosa é esa frase que di, "hai que traballar ben, tamén hai que parecelo". O STEAM BACH Ollos Grandes leva seis anos rodando. Superándose ano tras ao. Cada cousa nova que aprendemos a incorporamos á seguinte xeneración. Así é como o ser humano constrúe o coñecemento.

Importante é comunicar a nosa existencia, o que facemos con tanto esforzo, todos, alumnas, alumnos e profesorado. Así que este ano tocaba falar de nós. Coincidindo co recoñecemento do seu traballo por parte das Universidades, nós poñemos sobre a mesa o esforzo e o cariño que pusxemos  na procura do coñecemento e o queremos dar a coñecer á sociedade en xeral. 

Entroido 24

Celebramos o Entroido para dar un merecido descanso ao noso alumnado.

Entrega de diplomas STEMbach

Alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participantes no Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach,  recibiron os correspondentes diplomas acreditativos.

O programa STEMbach ten por obxectivo fomentar o ensino das chamadas disciplinas  STEM (ciencias, tecnoloxía e matemáticas) entre os estudantes de bacharelato, involucrándoos para iso en proxectos de investigación tutelados por profesores universitarios

Falamos da escola

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade "Falamos da escola"

Na charla acompañáronnos  persoas da terceira idade para contarnos as súas experiencias na escola e reflexionar sobre os  cambios nas ferramentas e métodos educativos.

Proxectos STEMbach 2024

Excepcional tarde coa presentación dos Proxectos STEAM do IES Ollos Grandes. Os alumnos e alumnas defenderon as súas investigación con rigor, con datos e con unha boa documentación. Souberon aplicar os diagramas de pensamento que os axudan a relacionar os diversos conceptos que manexaban así como as novedosas (para eles como alumnado de bacharelato) técnicas de investigación realizadas.

“Estudo do efecto do fotoperíodo sobre a multiplicación in vitro do acivro híbrido Ilex x koehneana”. Galir Macía López

”Investigando a contorna física da man do patrimonio cultural construído”. Duarte Guerreiro Legaspi

 “A teoría da relatividade na vida media dos muóns”. Natalia Otero Caínzos; Gabriel Mouriz.

"Estimación do sexo, idade e talla en restos óseos humanos". Laura Irea Sanjurjo Penas

"Explorando a seguridade alimentaria: aplicación dos microsatélites na detección de fraude alimentario". Delia Fernández Leglise, Elena Amélie García Mouret, Mariam Lafsahi Lefsahi

 Parabéns!

Foi unha bonita tarde de coñecemento e paixon pola investigación

Falemos de emigración.

O alumnado de 2º ESO A, do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, participou no primeiro encontro do proxecto Falemos de emigración. Nesta ocasión coñeceron a experiencia de tres persoas que emigraron a Alemania, Suíza e Inglaterra.

Ditados do Meco 24

Campións do VI Torneo de Debate Académico de Galicia

O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes vén de proclamarse Campión do VI Torneo de Debate Académico de Galicia organizado pola Fundación Barrié.

Pablo Domínguez, Daniel Martín Vázquez, Sofía Piñeiro, Nicolás Álvarez, Brais Vidal e Adrián García de 3º ESO foron os nosos representantes, acompañados polo profesor Iago J. Rguez Yáñez.

Ademais,  Sofía Piñeiro foi proclamada mellor oradora.

 

Parabéns!!

Visita ao Pazo de Tor

Alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou o Pazo de Tor

O Pazo de Tor está situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o val de Lemos na parroquia de San Xoán de Tor. Acolle unha importante biblioteca, catro salóns corridos, escalinata barroca e unha colección de armaduras (séculos XIV- XV), así como mobles e pinturas do século XVI.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut