Paisaxe

Intercambio Proxecto Terra a PORTO

O alumnado de 2° da ESO, dentro dos intercambios do Proxecto Terra realizaron unha excursión a Porto o 11 e 12 de maio.

O primeiro días visitamos a Fundación Serralves, xantamos nos xardíns da Fundación Serralves e fixemos un 1º Itinerario en autobús e a pé (centro de Porto, Gaia, as pontes,...) acompañados por dous guías, tanto no percurso en autobús como camiñando.

O segundo día fixemos un 2º Itinerario en autobús até Matosinhos ata  á parada de metro Senhor de Matosinhos  ata a Casa da Música, onde estivemos toda a mañá percorrendoa baixo outra visita guiada e exclusiva para nós.

Co material recollido polo alumnado nas clases preparatorias así como no intercambio e grazas ao bo facer dos dous guías que nos acompañaron na excursión pola cidade así como das guías na Fundación Serralves e na Casa da Música, o alumando elaborou distintas presentacións sobre a cidade de Porto

22-23 Intercambio Porto

Andaina da Rapa das Bestas

22-23 Excursión a Rapa

 

...rinchan as bestas ceibes nos outeiros de lonxe...

O pasado martes o alumnado e o profesorado do IES Nº 1 seguiron a ruta que fan as greas das bestas de Sabucedo dende que son reunidas no Chan das Lamas (Montillón) ata o curro da aldea pasando polo Peón e O Castelo.

Homes e sombras que regresan
corren as greas contra o circuíto final das certidumes

Ibán, voluntario da Asociación Rapa das Bestas, guiounos na ruta e axudounos a interpretar o hábitat da maior poboación de cabalos que viven en liberdade de toda Europa, así como a reflexionar e comprender que a protección deste ecosistema é fundamental para manter viva unha tradición milenaria que a día de hoxe, sorprendentemente, aínda non foi recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC). 

Ademais de cruzármonos con varias greas e co gando vacún e de admirar a biodiversidade destes montes, que ten na besta un gran aliado, coñecemos a escavación arqueolóxica de mámoas que se leva a cabo nesta ruta.

Finalmente, xa no curro do Campo do Medio, admiramos as bestas de preto e alí, outro membro da Asociación, Iván Sanmartín, explicounos o perigo que supoñen os proxectos de instalación de ata 4 parques eólicos na contorna de Sabucedo, que ameazan este patrimonio que é de todas e de todos. 

Visita ao Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las e ruta de senderismo no Río Barbantiño

O pasado 4 de outubro o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída para coñecer o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e realizar unha ruta de senderismo polas beiras do río Barbantiño en Punxín.

No Castro de San Cibrao, grazas á atención e ao saber facer dos monitores do propio Parque, coñeceron algo máis sobre a forma de vida, os costumes e outras peculiaridades da cultura castrexa. Tamén fixeron os seus piniños na arqueoloxía cun pequeno obradoiro onde aprenderon a desenterrar e catalogar restos arqueolóxicos.

Despois da visita ao Parque, realizaron unha ruta de senderismo de 7 km. polas beiras do río Barbantiño, en Punxín, ata a Fervenza do Río Barbantiño

Foi unha xornada moi agradable de cultura, educación e lecer, tanto para o alumnado como para o profesorado acompañante.

Estas 2 actividades foron realizadas polos departamentos de Dinamización Lingüística, Educación Física, Educación Plástica, Paisaxe e Sustentabilidade e Xeografía e Historia dentro da programación interdisciplinar do PROXECTOTERRA no que participa o IES Nº 1 un ano mais.

Intercambio Courel - Canón do Sil

 O 28 e 29 de abril o alumnado de 2º de ESO participou no INTERCAMBIO COUREL-CAÑÓN DO SIL dentro das actividades complementarias da materia de Paisaxe e Sustentabilidade, grazas ao patrocinio do PROXECTO TERRA, co que colaboramos.

O xoves 28 visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga, e xa á tardiña fixemos o roteiro cara á Lagoa de Lucenza - Fervenza de Vieiros.

O venres 29 disfrutamos dunha visita guiada ao Mirador de Campodola e á Alvariza da Granxa en Santa Eufemia e achegámonos ata a falla de Santa Eufemia, singular punto de interese do Xeoparque.

Pola tarde, dirixímonos á Ribeira Sacra, ao embarcadoiro de Doade, para percorrer o Canón do Sil en catamarán.

 Unha excursión estupenda que o alumnado disfrutou!!!

Agradecemos especialmente o labor de Guillermo e Iván, os dous magníficos guías de COUROLEANDO. Con eles aprendimos as singularidades do noso territorio, disfrutamos desa contorna con magníficas paisaxes e pasamos uns agradables momentos, combinando o lecer coa aprendizaxe.

 

21-22 Excursión de 2° a Courel - Ribeira Sacra

Rutas de Senderismo no entorno do IES Nº1

 

 

 

 

 

Ruta polo Ulla - de Gundían ata o área recreativa do Areal

Un paseo polas beiras do río Ulla, nos lindes entre as provincias de A Coruña e Pontevedra

Álbum: Río Ulla -> Ulla - de Gundián ao Areal
Distribuir contido