PERÍODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

No mes de marzo ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión. Esta convocatoria está dirixida a aquel alumnado que, non estando cursando 6º de primaria nun dos centros adscritos nin matriculado actualmente no noso centro, desexe ser admitido no IES Nº1 en calquera curso.

As solicitudes de admisión poden presentarse presencialmente no centro para o que se solicita a admisión ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (formulario normalizado ED550B).

 Prazos:

    • Solicitudes: do 1 de marzo ata o 22 de marzo.

Vacantes:

    • A continuación preséntase o número de vacantes por nivel educativo. Este número resulta dunha estimación feita tendo en conta o posible alumnado repetidor.

 

NIVEL VACANTES
1º ESO 20
2º ESO 7
3º ESO 27
4º ESO 31