REPARTO DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

 

Practicamente a totalidade do alumnado do centro recibirá libros do fondo solidario de libros de texto. A entrega de libros realizarase dende o xoves 10 ata o venres 17 en horario de 9 a 14 horas.

As normas que se van seguir son as seguintes:

 

  • alumnado levará os libros para a casa e manteraos alí durante todo o curso. Deberán traer a clase só os das materias do día.
  • Na casa revisaranse  e se algún dos libros se atopase moi deteriorado informarase ao centro para ver se se pode substituir.
  • Na primeira páxina do libro á esquerda aparecerá un selo donde se debe poñer o nome e apelidos do alumno/a e a data de recollida dos libros.

 

·         Durante o curso non se poderán suliñar, nin marcar, nin debuxar. Recordamos que a falta de devolución, ou a devolución en mal estado dos libros, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e de calquera axuda do curso escolar 2021/2022.