AVISO IMPORTANTE - USUARIOS TRANSPORTE "LA ESTRADENSE"

Acabamos de recibir unha comunicación do Servizo de Xestión do Transporte Escolar na que advírtesenos de que a empresa de autocares "La Estradense" deixa de realizar o servizo de transporte escolar no noso centro a partir de agora e coa entrada do novo ano.

O servizo será realizado por outras empresas da zona (Exprés de Vea, Benito Abalo, Monbús, Autocares Rías Baixas, Lázara...), dependendo da ruta.

As paradas e os horarios de recollida do alumnado serán os mesmos que ata o de agora.