ELECCIÓN REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

                         Segundo acordo da  Xunta Electoral, o próximo martes día 27 de novembro, en horario de 18:10 a 20:30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación procederase da seguinte forma:

 

                        1º.-Quen pode votar.

 

                        Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

                        2º.- Modo de emitir o voto.

 

                        a) O voto será directo, secreto e non delegado.

 

                        b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

                        c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar. As candidatas son:

  • Giao Terzado, Raquel
  • Vázquez Goris, Mª Concepción

 

                        d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

                        A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.