Xiao Aller premiado no certamen ‘Imaxes con Fondo’

 

O mozo Xiao Aller, da Estrada, venceu o premio único da categoría xuvenil do concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O concurso era unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.

Debía combinarse de unha a tres fotografías cun texto de 140 caracteres (un tweet), na que se expliquase a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

Xiao Aller gañou coa serie “Chegando á casa. O ferido. A ferida”, son tres fotografías dun burro agredido. E a mensaxe que lle engadiu foi:

“A solidariedade non só se practica con persoas, senón tamén cos animais. Aquí pódese ver un burro ferido que atopamos en Santiago, levámolo para a casa e estámolo curando”.

 

 

 

 

O premio é unha cámara réflex e un lote de produtos de comercio xusto.

 

Noraboa Xiao !!!! Xa non polo premio, se non polo voso corazón e sensibiliade co animal !!