A Revista dunha comunidade educativa viva

22-23 Revista Viva

Este martes 20 de xuño vivimos o regreso da 'Revista Viva. Nós de Nós', unha gala na que o teatro, a música, o idioma e a literatura serviron de fíos condutores para repasar as actividades e os proxectos do curso que remata. 

Beatriz, a nosa directora, puxo en valor o traballo da comunidade educativa e animounos a traballar man a man para fortalecela e proxectala no futuro. 

Rubén Servide e o seu Combo e o grupo formado polos alumnos Marcos, Carla, Germán, Ainoa e Elier, coordinados polo profesor Lolo, puxeron a música. Un luxo.

Sara Espiño, Uxía, Irene, Jéssica, Noa Cabaleiro, Lía, Andrés, Alexandre, Yuriana, Alejandro, Noa Mendoza, Antonio, Mónica e Janet mergulláronos na maxia do teatro baixo a batuta da profesora, a actriz Cristina Andrade. Que gran traballo!

Marcos Borrageros, ex-alumno que volveu ao noso centro para dar aulas este ano,, compartiu con nós historias que nos cativaron. Deixaches unha fonda pegada en nós!

Helena, Martín, Sara Espiño, Uxía e Noa Cabaleiro forxaron con palabras versos e microrrelatos premiados dentro e fóra do centro. Parabéns!

Pedro Souto e Brais Tato, xunto con Noemí, enténdense moi ben coas cámaras e así foi recoñecido en certames audiovisuais a nivel galego.

Antonio Sanmartín Chao recolleu o VIII Premio IES-G por apoiar e promocionar o galego no comercio estradense. Compartimos a túa alegría e facemos propio o teu discurso.

Ninguén mellor que Manuel Román para achegar a traxectoria de don Francisco Fernández del Riego e sabérmonos herdeiros dunha enorme obra a prol da cultura e a lingua galegas. Grazas!

Aarón Basteiro, Roi Neira e Rodrigo, medallistas no último Torneo de Xadrez da Biblioteca, foron acredores dun merecido aplauso.

E o noso agradecemento a Rosa de Cabanas polo marabilloso deseño que ilustrou a Revista Viva e para o Concello pola cesión do Teatro Principal e o soporte técnico.