Novas destacadas
ANPA: Nota informativa
ANPA "AS BOUZAS"
ENTREGA E RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO
Terá lugar o venres 4 de setembro en horario de 10:00 a 12:00 h. A listaxe de libros figura nesta mesma páxina web.
LIBROS DE TEXTO 2015/2016
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016
A seguinte listaxe, que se achega en documento .pdf xa ten un carácter definitivo. Debido ás últimas modificacións lexislativas algúns departamentos didácticos decidiron o cambio de material en 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato, afectados pola entrada en vigor da nova Lei educativa (LOMCE). Eses libros novos aparecen destacados na listaxe. Ademais, lémbrase que, segundo os casos, debe "falar co profesor antes de mercalo".
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016
Nota informativa ANPA: Banco de libros
NOTA INFORMATIVA DO BANCO DE LIBROS DA ANPA “AS BOUZAS”
IES MONTE DAVILA
HORARIO DE RECOLLIDA DE LIBROS:
MARTES 23 DE XUÑO DE 2015 DE 10:00 A 12:00 Y DE 17:00 A 18:30
MÉRCORES 24 DE XUÑO DE 2015 DE 10:00 A 12:00
----------------------
Prematrícula Curso 2015/16
Podedes consultar a seguinte información por curso:
a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. (Os cursos 1º ESO, 3º ESO e 1º BACH son provisionais, pendente da aprobación definitiva do decreto LOMCE que os regula)
b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.
1º ESO - Provisional Impreso prematrícula 1º ESO (PDF) |
|
2º ESO Impreso prematrícula 2º ESO (PDF) Optatividade: Francés Historia e Cultura das Relixións |
|
3º ESO - Provisional Impreso prematrícula 3º ESO (PDF) Materias específicas: Cultura clásica Francés |
|
4º ESO Impreso prematrícula 4º ESO (PDF) Optatividade: Cultura clásica Francés Historia e Cultura das Relixións Informática Latín Obradoiro de iniciativas emprendedoras Tecnoloxía |
|
1º BAC - Provisional Troncais de opción: Bioloxía e Xeoloxía Economía Grego Latín Literatura universal Específicas: Debuxo Artístico I Economía Francés |
|
2º BAC Impreso prematrícula 2º BACH (PDF) Propias modalidade: Bioloxía Ciencias da Terra e ambientais Economía da empresa Grego Latín Literatura Universal
Optativas: Economía da empresa Ética e filosofía do dereito Filosofia da ciencia e da tecnoloxía Francés Técnicas de Expresión Gráfico Plástica |
Convocatoria de probas de acceso a ciclos de grao medio e superior
Inscrición:
Grao superior: do 23 de febreiro ao 6 de marzo.
Grao medio: do 7 ao 20 de abril.
PREPARANDO A PROBA ...
GRAO SUPERIOR
Data de celebración: 29 de abril
Información xeral das probas de acceso a grao superior
Exames de convocatorias anteriores
GRAO MEDIO
Data de celebración: 3 de xuño
Información xeral das probas de acceso a grao medio
Exames de convocatorias anteriores
MÁIS INFORMACIÓN
Toda a información do calendario (PDF) aquí
Máis información na web da FP aquí
Procedemento de admisión Curso 2015/2016
Postos vacantes, prazos de presentación de documentación e formalización da matrícula, no seguinte enlace:
Admisión Curso 2015/16 (E.S.O. e Bacharelato)
FESTA DE NADAL
Como cada ano, o centro celebrou o fin das actividades lectivas do ano con diversos concursos que intentaron fomentar a convivencia. Os resultados foron os seguintes:
DECORACIÓN DE AULAS NADAL ‘14
PRIMEIRO CICLO: 2º A e 2º B
SEGUNDO CICLO: 4º A e FPB
CONCURSO DE DOCES:
· PRIMEIRO PREMIO: Antón Galiñanes (1º C)
· SEGUNDO PREMIO: Aitana Arnoso (2º B)
CONCURSO DE KARAOKE:
· PRIMEIRO PREMIO: Abel Arnoso, Daniel Otero e Pablo Garrido (1º Bacharelato B)
SEGUNDO PREMIO: Olga Espino (1º C)
Aquí está un dos grupos gañadores en plena actuación:
Asimesmo, o alumnado de 4º da ESO que participou na campaña de recollida fixo entrega dos alimentos a Cáritas na mesma mañán do día 19 de decembro.
25 N: DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
A comunidade educativa do IES Monte da Vila realizou un acto en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Acudiron tamén representantes do concello, que está a desenvolver varias actividades e proxectos en colaboración co centro. A máis importante delas é a promoción do blog Estamos contigo, que trata aspectos relacionados coa violencia de xénero e pretende ser unha axuda para as persoas afectadas por ela. O blog é un proxecto levado a cabo por alumnas e alumnos de bacharelato aberto á participación de todos.
Foron os responsables do blog aqueles que redactaron o manifesto. Asistimos á súa lectura pública todo o profesorado, todo o alumnado e os representantes do concello: a concelleira de igualdade, a de educación e o de xuventude.
O acto tivo a súa repercusión na prensa.
Pódese ler o manifesto aquí.
Grazas pola vosa colaboración!
FESTA DO MAGOSTO
O pasado 14 de novembro tivo lugar a celebración do magosto. Repartíronse castañas asadas e cantáronse algunhas cancións tradicionais. Despois, desenvolveuse un torneo de baloncesto e, como novidade, unha competición de billarda.
Prematrícula no Monte da Vila Curso 2014/15
Podedes consultar a seguinte información por curso:
a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF.
b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.
1º ESO Impreso prematrícula 1º ESO (PDF) Optatividade: Francés Historia e Cultura das Relixións |
2º ESO Impreso prematrícula 2º ESO (PDF) Optatividade: Francés Historia e Cultura das Relixións |
3º ESO Impreso prematrícula 3º ESO (PDF) Optatividade: Cultura clásica Francés Historia e Cultura das Relixións Obradoiro de iniciativas emprendedoras |
4º ESO Impreso prematrícula 4º ESO (PDF) Optatividade: Cultura clásica Francés Historia e Cultura das Relixións Informática Latín Obradoiro de iniciativas emprendedoras Tecnoloxía |
1º BAC Propias modalidade: Bioloxía e Xeoloxía Economía Grego Latín Optativas: Antropoloxía Debuxo Artístico I Economía Francés Música |
2º BAC Impreso prematrícula 2º BACH (PDF) Propias modalidade: Bioloxía Ciencias da Terra e ambientais Economía da empresa Grego Latín Literatura Universal
Optativas: Economía da empresa Ética e filosofía do dereito Filosofia da ciencia e da tecnoloxía Francés Técnicas de Expresión Gráfico Plástica |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »