Actividades
EXPOSICIÓN DE METABOLISMOS
Durante a semana cultural do IES de Monterroso o alumnado de 3º ESO fabricou e elaborou coas súas propias mans maquetas de moléculas
DÍA DA PAZ
O alumnado de 2º ESO confeccionou un mural en clase de titoría co gallo da celebración do Día da Paz do 30 de xaneiro de 2019.
TEATRO EN OURENSE
O 28 de febrerio de 2019 o alumnado de francés foi ao Teatro Principal de Ourense ver Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand.
TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE PLÁSTICA
O alumnado de debuxo artístico de 1º de Bacharelato realizou diferentes traballos que expuxeron no recibidor do instituto ao longo deste curso.
VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E AO PARQUE MULTIAVENTURA DE MARÍN
O departamento de relixión organizou unha saída o 27 de marzo de 2019. Participou o alumnado de 1º e 2º ESO.
TEATRO CLÁSICO
O día 25 de marzo o alumnado de latín e de cultura clásica asistíu ao Festival de Teatro Grecolatino que se celebrou en Ourense.
VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO
O luns 18 de Marzo de 2019 os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO do IES de Monterroso visitou o parque eólico experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba, no concello de Xermade.
VISITA Á V FEIRA DE MINERAIS NA ÁREA CENTRAL DE SANTIAGO
O xoves 28 de febreiro de 2019 o estudantado de 1º ESO do IES de Monterroso visitou a V Feira de minerais de Santiago celebrada en Área Central.
ENTROIDO 2019
Como estes últimos anos, con motivo do entroido, celebramos un mercadiño no que o alumnado que quere participar pon á venda doces típicos de entroido como filloas, orellas, galletas... para axudarse a pagar os gastos das viaxes organizadas polo centro.
EXPOSICIÓN: COÑECE O TEU CORPO
Estes días pódese ver no vestíbulo do instituto a exposición titulada "Coñece o teu corpo". Son traballos realizados polo alumnado de 3º ESO na clase de Bioloxía, representacións dos distintos aparatos que forman o corpo humano.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »