Actividades

Actividades do centro / Alumnos

ABRAHAM CUPEIRO NO IES DE MONTERROSO

O pasado venres día 11 de outubro, tivemos o pracer de contar no IES de Monterroso co afamado artista ABRAHAM CUPEIRO.
Construtor e trompetista, Abraham recupera e pon en valor o patrimonio artístico e cultural do pasado. A súa obra baséase no interese, compilación e construción de instrumentos musicais perdidos no tempo para o seu emprego na música actual, mesturando ditas sonoridades coas música de hoxe en día.

A actividade, programada polo departamento de Música, desenvolveuse no Salón de Actos do propio IES ante a presenza do alumnado de Música 3º e 4º de ESO, e de Hª da Música de 2ª de Bacharelato. 

 

Conseguímolo!!

O pasado curso o alumnado do IES de Monterroso logrou reunir 30 teléfonos móbiles estropeados ou en desuso. Coa reciclaxe do coltán que conteñen as súas pantallas contribuímos a diminuír a extracción deste mineral nas mina da República Democrática do Congo e a Fundación Jane Goodall poderá coidar dun chimpancé no seu centro de recuperacíon de primates de Tchimpounga durante un ano. Agora temos que decidir que chimpancé queremos apadriñar.

Pincha nos nomes dos chimpancés que podemos apadrinar para coñecelos.

KUDIA ANZAC LEMBA HIILA E KEEMPO

 apadrina un chimpancé

 Nos vindeiros días un profesor pasará polas aulas para preguntarche que chimpancé che gustaría apadriñar. Aquel chimpancé que reciba maior número de votos será o escollido.

 Feito isto o centro de recuperacíon de primates de Tchimpounga enviaranos información sobre el cada tres meses contándonos os seus progresos e as súas trastadas.

 E non te esquezas de seguir traendo teléfonos móbiles. O punto de recollida segue estando na entrada da cafetería e se logramos reunir outros 30 o vindeiro curso poderemos apadriñar outro chimpancé.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

No vestíbulo do centro pódese ver unha exposición das fotografías realizadas no obradoiro de fotografía con smartphone que se desenvolveu durante a semana cultural.

VIAXE CULTURAL POR ITALIA

 Entre os días 21 e 25 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato participou nunha viaxe cultural por Italia.

VIAXE A ANDALUCÍA

O alumnado de 4º de ESO participou nunha viaxe cultural por Andalucía entre os días 20 e 25 de maio.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O martes 21 de maio celebramos a graduación do alumnado de 2º Bacharelato da promoción 2017-2019. Ao acto acudiron familiares e amigos dos graduados/as, acompañados por parte do profesorado do centro.
Esta celebración foi un recoñecemento ao esforzo realizado por estes alumnos e alumnas durante estes anos.

SEMANA DO LIBRO

No IES Monterroso celebramos a Semana do Libro entre os días 23 e 26 de abril con diferentes actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca, o Departamento de Artes Plásticas, o Departamento de Lingua Castelá e Vicedirección.

SEMANA CULTURAL 2019

Neste curso 2018-2019 celbramos a Semana Cultural entre os días 8 e 12 de abril. Nestes días mesturamos as clases con outras actividades, coas que pretendemos poñer en contacto ao alumnado con outras formas de arte e cultura.

NO DÍA DA MULLER, ROMPE COS ESTEREOTIPOS

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, realizamos un mural baseado na idea de Igualdade e na necesidade de romper cos estereotipos que se nos impoñen.

EXPOSICIÓN DE TIPOS DE CÉLULAS

Durante varios días estarán expostas na entrada do centro as maquetas sobre os distintos tipos de células que o alumando de 1º ESO do IES de Monterroso elaborou nas súas casas.

Distribuir contido