SEMANA CULTURAL 2019
Neste curso 2018-2019 celbramos a Semana Cultural entre os días 8 e 12 de abril. Nestes días mesturamos as clases con outras actividades, coas que pretendemos poñer en contacto ao alumnado con outras formas de arte e cultura.
Os rapaces e rapazas puideron participar en obradoiros do máis variado: rap, fotografía con smartphone, ilustración, convivencia, bordado, elaboración de murais, creatividade, relaxación, defensa persoal, graffiti, hip-hop, poesía, ciencias, títeres e sexualidade.
Ademais, celebráronse diferentes charlas e conferencias sobre biotecnoloxía, a guerra civil, ciberacoso, cine, toponimia, solidaridade lucense na India e sobre a oferta educativa da Escola de Hostelería de Santiago.
O alumnado da ESO visitou a exposición aberta no pobo de Monterroso sobre Yebra de Ares. Tanto nesta visita, como nalgunha das conferencias, temos que agradecer a colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns.