Orientación

Convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais en Galicia no 2016.

 

  A Consellería de Educación publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

 

Convocatoria de prazas nas residencias dependentes da consellería de traballo e benestar para o curso 2015 / 2016

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.

Convocatoria de prazas de aloxamento do Sistema Universitario de Residencias para o curso 2015 / 2016

A Universidade de Santiago de Compostela fixo pública a convocatoria de prazas de aloxamento do Sistema Universitario de Residencias para o curso 2015 / 2016.

Campus de profundización Científica para estudantes de 4º de ESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para participar no programa “Campus de profundización Científica para estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria” en Soria.

Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo

O Campus terá lugar do 22 ao 26 de xuño de 2015 no Campus Universitario de Lugo e vai dirixido ao alumnado de cursos altos de ESO e Bacharelato, preferentemente 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula para o campus é 40 EUR sen aloxamento e 120 EUR con aloxamento.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E TÉCNICO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

CONVOCADAS

 PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E TÉCNICO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA

Plan de Acreditación da experiencia profesional

Está aberta a convocatoria 2015 do 8 de xaneiro o 6 de febreiro para a acreditación da experiencia profesional

Convocadas probas libres para a obtención dos títulos de Formación profesional. Curso 2013-2014.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (período ordinario): do 19 ao 30 de abril de 2014, ata as 13:00 horas.
PRAZO DE MATRICULACIÓN: do 21 ao 23 de maio de 2014, ata as 13:00 horas.

Axudas de participación en colonias

Está aberto o prazo para a solicitude de  axudas de participación en colonias, no territorio peninsular español, de dúas semanas de duración durante o mes de xullo de 2014.

Probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Distribuir contido