Orientación

PROBAS ESPECÍFICAS PARA O ACCESO E ADMISIÓN DO ALUMNADO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de maio ao 7 de xuño, ambos incluídos.

 

AXUDAS FORMATIVAS STEM E LINGUA INGLESA, STEMWEEK, 3º E 4º ESO

Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2019

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios Extraordinarios de Bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2018-2019.

¿QUE QUERO ESTUDAR? GUÍA 2019. A VOZ DE GALICIA

A Voz de Galicia, publicou o pasado domingo 31 de marzo a Guía de Estudos Superiores 2019-2020.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación publicou a ORDE do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

 A Consellería de Educación convocou as Probas de obtención do Título de Bacharelato para  maiores de 20 anos ou que os cumpran no ano da proba.

PROBAS LIBRES DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO ESO 2019

Probas libres de obtención do título de Graduado en ESO en Galicia. Convocatoria 2019.

CHARLA SOBRE O CONSUMO DE DROGAS E ALCOL

O departamento de Orientación organizou unha charla para concienciar ao alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO sobre os prexuízos que provoca o consumo de drogas e alcol.

Distribuir contido