FacebookSíguenos en YouTube

O alumnado de Ciclo Medio visita Coremain

Alumnado de primeiro e segundo de SMR

O alumnado de primeiro e segundo de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e redes do IES Maximino Romero de Lema, visitou hoxe a empresa Coremain, situada en Santiago de Compostela. Poideron coñecer todas as instalacións e recibir información relacionada cos proxectos máis representativos que a empresa está a levar a cabo. 

+INFORMACIÓN SOBRE COREMAIN

A Biblioteca celebrará o mes do libro en abril

Xosé Tomás. Imaxe da Opinión da Coruña.

Con motivo do mes do libro, desde a Biblioteca organizarán encontros/obradoiros con ilustradores de banda deseñada e escritoras galegas. O mércores 4 de abril teremos o Obradoiro de Banda Deseñada co ilustrador Xosé Tomás dirixido ao alumnado de primeiro da ESO. O horario será desde as 12:45 ata as 14:25 h.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE XOSÉ TOMAS:

http://www.xosetomas.es/

Probas de acceso a Ciclos de Grao Medio

Achegamos información xeral sobre as probas de acceso a ciclos medios, onde se recolle o máis relevante sobre as mesmas. Para ampliar esta información, aclarar dúbidas ou obter outra documentación, como os modelos de exames, por exemplo, poden pasar polo Departamento de Orientación do IES Maximino Romero de Lema.

Prazo de inscrición para as probas:

Do 12 ao 23 de marzo.

Consulta adxunto para máis información. 

III Foliada Solidaria

O vindeiro sábado 17 de marzo, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do noso Centro organiza a III Foliada Solidaria de Baio. Os fondos recadados irán destinados integramente ao colectivo "Pallas@s en Rebeldía", que están a traballar nos campos de refuxiad@s. As persoas que desexen mercar os bonos para asistir á foliada pode mercarllos directamente ao alumnado ou pasar por dirección. Tamén hai fila cero para as persoas que desexen participar e non podan asistir.

Na prensa:

Quepasanacosta.gal

Así foi o encontro con Carmen Riveiro e A Banda da Loba

Fai click sobre a imaxe para abrir o álbume da actividade. 

Na prensa:

LA VOZ DE GALICIA

Álbum: Curso 2017/2018 -> Ao son delas. A banda da loba e Carmen Riveiro

Ao son delas. Carmen Riveiro e A Banda da Loba.

Cartaz, ao son delas

O vindeiro luns, día 12 de marzo, pola tarde, continuaremos no noso Centro Educativo o ciclo de encontros con mulleres relevantes da zona e da cultura galega. Estes faladoiros forman parte do “Proxecto Feminino Plural” que estamos a construír entre todas e todos neste curso e rematarán cun pequeno concerto das artistas convidadas aberto a toda a Comunidade Educativa. Para esta terceira ocasión contaremos con Carmen Riveiro (unha emprendedora do rural con maiúsculas e presidenta da Asociación Amigos do Liño) e A Banda da Loba (cinco talentos femininos que veñen para mu dar o panorama artístico galego). A actividade está aberta para todo o alumnado da ESO, 1º Bach. e FPB.

Coma na outra ocasión, o alumnado de Transporte xa será levado directamente ao Auditorio de Baio e recollido alí tamén á hora de marchar. Os que van pola súa conta dirixiranse tamén ao Auditorio sen necesidade de pasar polo Centro.

Información esencial sobre a folga do 8 de marzo

Actividades no IES en torno ao 8 de marzo. Foto de Ana García.

Achegamos toda a información sobre a folga do 8 de marzo en relación ao noso Centro. Consulta o ficheiro adxunto ao final desta publicación, para información detallada. 

O alumnado fala no 8 de marzo:

Na prensa:

Quepasanacosta.gal

Lavozdegalicia.es

Distribuir contido