O mércores día 11 de setembro comezará a actividade lectiva para todos os niveis.
A presentación do alumnado realizarase segundo se indica a continuación:
GRUPO |
HORA |
LUGAR |
UBICACIÓN |
1º ESO |
8:45 |
Biblioteca |
Planta baixa |
2º ESO |
8:45 |
Aula de Usos Múltiples |
Primeira planta |
3º ESO |
8:45 |
Aula de Usos Múltiples |
Primeira planta |
4º ESO |
8:45 |
Aula de Usos Múltiples |
Primeira planta |
1º Bacharelato |
8:45 |
Aula 1º Bacharelato A (Humanidades e Ciencias Sociais) |
Primeira planta |
Aula 1º Bacharelato B (Ciencias e Tecnoloxía) |
|||
2º Bacharelato |
8:45 |
Aula 2º Bacharelato A (Humanidades e Ciencias Sociais) |
Planta baixa |
Aula 2º Bacharelato B (Ciencias e Tecnoloxía) |
|||
1º, 2º FP Básica |
O alumnado será convocado telefónicamente de xeito individual |
||
1º Ciclo Medio |
8:45 |
Aula 1º Ciclo Medio |
Primeira planta |
2º Ciclo Medio |
8:45 |
Aula 2º Ciclo Medio |
Segunda planta |
1º Ciclo Superior |
10:45 |
De xeito presencial: Aula 1º Ciclo Superior |
Edificio anexo |
De xeito telemático: a presentación estará publicada na plataforma de teleformación |
Unha vez finalizada a presentación, comezarán as clases con normalidade, segundo o indicado no horario entregado ao alumno/a.
O servizo de transporte escolar funcionará co horario habitual.
O IES Maximino Romero de Lema permanecerá pechado entre os días 1 e 31 de agosto. Para realizar calquera trámite e/ou consulta poden contactar con nós a través do correo: ies.maximino.romero.delema@edu.xunta.gal ou chamando ao teléfono: 881960015.
Moitas grazas.
Remata este curso e xubílase Esther, unha persoa que leva traballando no IES Maximino de Lema case que trinta anos, e o xoves 27 de xuño, compartimos con ela un xantar para despedila.
Unha persoa moi traballadora, comprometida, xenerosa, fiel….. e que coidou o Centro como a súa propia casa.
Desexámosche a partires de agora o mellor, sorte e felicidade nesta nova etapa que emprendes na túa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación, e non te esquezas que o Maximino sempre será a túa casa e nós a túa familia.
Botarémoste moito de menos e sempre estaremos aquí para o que necesites.
Moitas grazas e moita sorte!
Publicados hoxe os resultados definitivos das notas da convocatoria ordinaria da ABAU 2024, o noso Centro ocupa o posto número 32 no ranking de notas da fase xeral, entre todos os centros públicos de Galicia.
En concreto, acadamos unha nota media de 7,171 puntos, a máis alta dos institutos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra.
Estamos moi contentos e satifeitos por estes resultados e trasladamos os parabéns a toda a Comunidade Educativa.
O Director Xeral do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Gabriel Alén, xunto con Sol Vázquez, Xerente do mesmo, visitaron hoxe o noso Centro, para entregar ao alumnado de 1ºFPB os diplomas acreditativos de gañar o 1º premio do certame Consumópolis na categoría de 3º e 4º ESO e FP básica cunha cuantía de 1000 euros.
Gabriel Alén apelou entre os escolares a facer sempre un consumo responsable e sostible coñecendo sempre os dereitos básicos dos consumidores.
O concurso constou de dúas partes: a primeira, unha cidade virtual na que o alumnado tivo que superar 10 probas aprendendo sobre un consumo máis responsable, crítico, consciente e sostible, así como os seus dereitos como potenciais persoas consumidoras; e unha segunda parte, a realización dun traballo en equipo, que consistiu na realización du vídeo no que Los Pozzez, Javier Lema, Álvaro Rivera, Zaira Calo, Joel Fernández e Daniel Rojo, interpretan un rap no que denuncian o derroche da sociedade actual.
Parabén a tod@s e ao profesor Gonzalo de Castro-Acuña, coordinador do Plan Proxecta Consumópolis no que se inclúe esta iniciativa e que os animou a participar.
Un vídeo didáctico á vez que divertido do que vos deixamos aquí o enlace.
Hoxe celebrouse en Santiago o acto de entrega dos premios INNOVAGAL de Innovación Educativa, concedido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, nos que o noso Centro gañou o segundo premio, pola nosa traxectoria de compromiso coa innovación educativa.
Este premio é un recoñecemento ao importante labor que se desenvolve neste Centro desde hai moitos anos e en ámbitos moi variados, como a igualdade, a lingua, a literatura, o medio ambiente, a música e as artes escénicas, o consumo responsable, a informática, a ciencia e a tecnoloxía, … recibindo recoñecementos e premios tanto a nivel galego como a nivel nacional.
Neste labor colaborou e participou toda a Comunidade Educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ANPA, Concello de Zas e moitas outras entidades, asociacións e persoas que a título individual e de maneira desinteresada estiveron e están implicadas nun proxecto educativo multidisciplinar e enriquecedor que fixo e fai deste Centro un referente e ao que todos e todas estamos orgullosos de pertencer.
Queremos compartir este premio con todos e todas as persoas da Comunidade Educativa actual e pasada, así como coas institucións e persoas alleas a ela, por facer posible e contribuír a este proxecto educativo que agora foi recoñecido, que levamos moitos anos desenvolvendo e que esperamos continúe no futuro.
Para todos e todas, este é o noso premio, este é o voso premio. PARABÉNS!!
Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario en horario de 09:00 a 13:30 horas
• 26 de xuño: 1º ESO, 2º BACHARELATO, 2º FP BÁSICA E 2º CICLO MEDIO
• 27 de xuño: 2º E 4º ESO
• 28 de xuño: 3º ESO
• 1 de xullo: 1º BACHARELATO
• 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas: 1º Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, previa cita. Será o proceso de admisión.
• 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas: 1º e 2º Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web. Réxime semipresencial e a distancia, previa cita. Será o proceso de admisión.
• 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas: FP Básica I.
Para facer a matrícula haberá que entregar a seguinte documentación, xunto co formulario, na Administración do Centro:
• Fotocopia do DNI do alumno/a e do pai/nai/titor-a legal
• Fotocopia da tarxeta sanitaria
• 2 fotos tamaño carné
• Xustificante do pago do seguro escolar 1,12€ (alumnado de 1º e 2º ESO e alumnado maior de 28 anos exentos)
• Impreso de autorizacións debidamente cuberto e asinado
Non se recollerá ningunha matrícula con documentación incompleta.
Achéganse, como documentos anexos, os impresos de matrícula, de transporte e de autorizacións. Poden ser descargados e cubertos.
O IES Maximino Romero de Lema participou no programa “Talentos inclusivos” que pretende espertar vocacións STEM entre os xoves e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral.
O noso IES participou neste curso con dous proxectos: “Pechadura intelixente” coordinado pola profesora Marta Diz que traballou con alumnado de ciclos formativos, e co proxecto “DesexarIA”, coordinado por Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo e no que participou alumnado de 4o da ESO.
Ámbolos dous proxectos pretenden romper barreiras, por un lado a da mobilidade e por outro lado as barreiras comunicativas das persoas con parálise cerebral.
“Talentos inclusivos” tivo o seu acto de peche este venres 13 de xuño no centro Ágora da Coruña onde se puideron ver os dous proxectos funcionando, e tamén os traballos levados a cabo por outros centros de Galicia.
No caso de “Pechadura intelixente”, o que se buscou foi aportar un mecanismo de apertura-peche de porta mediante pulsador e tecnoloxía Arduino. O alumnado participante expuxo o proxecto ós asistentes, que amosaron un gran interese no mesmo. Incluso foi probado polos propios usuarios de ASPACE con moita curiosidade e todo un éxito final.
Por outro lado, “Desexaría” é un sistema de selección de pictogramas para Paula, usuaria de ASPACE que ten dificultades de comunicación oral. Unha vez se selecciona o pictograma, reprodúcese un vídeo xerado con IA no que Paula fai a súas peticións: “Preciso axuda”, “Teño fame”, “Necesito beber”, etc. Este proxecto causou moita boa imaxe xa que se pode ver a Paula, que grazas á IA pode falar e transmitir as súas necesidades.
Para o noso centro foi toda unha honra participar no proxecto porque supuxo poder visualizar o gran traballo que se está a realizar pola comunidade educativa do noso centro. Ademais o alumnado puido comprobar como un pouco do noso tempo ó servizo dunha boa causa pode axudar a resolver problemas cotiás da sociedade a persoas que teñen moitas dificultades na fala e na mobilidade.
Agradecemos ó CITIC, Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones, e a ASPACE que nos permitisen participar neste programa e coñecer cales son as dificultades das persoas con parálise cerebral.
https://www.youtube.com/watch?v=cLYWO83z1Z8%0A&feature=youtu.be&themeRefresh=1