FacebookSíguenos en YouTube

O alumnado de igualdade elabora un catálogo de xoguetes coeducativos

Desde a materia de Igualdade de Xénero (2º Bacharelato) queremos presentarvos unha proposta de catálogo de xoguetes coeducativos que elaboramos e que vos animamos a botarlle unha ollada. O Nadal é un bo momento para reflexionar sobre o papel que os xogos e xoguetes desenvolven nos nenos e nenas que nos rodean... aos que igual imos agasallar cun xoguete. É importante reflexionar e fomentar que os nenos e nenas empreguen xoguetes que desenvolvan todas as facetas necesarias dentro da súa personalidade, para chegar a ser adultos responsables, madur@s, segur@sde si mesm@s, con boa autoestima e que se valorena si mesm@se a os demais. A publicidadee a sociedade márcannos o emprego que debe facerse dos xoguetes. Moitas veces estes estereotipos non reflicten a nosa realidade...e amosan xoguetes con rasgos sexistas e violentos. Na nosa man está o cambio... !!! Compartamos imaxinación e tempo de xogo...!!!

Ver catálogo

Paro hoxe ás 12.00h. Nen unha menos

Despois de ter coñecemento da tráxica nova referida á aparición do cadáver de Laura Luelmo en Huelva (presuntamente asasinada), dende a Comisión de Cultura e Convivencia do IES propoñemos un breve paro durante a xornada do martes 18 de decembro ás 12:00h, en sinal de loito e protesta, ao que pode sumarse voluntariamente o conxunto da Comunidade Educativa que o desexe. A idea é xuntarnos no patio para ler un breve comunicado e posteriormente gardar un minuto de silencio na memoria das vítimas. O alumnado de Igualdade redactará dito comunicado, mañán no primeiro recreo na biblioteca, que resuma o noso sentir con respecto a esta barbarie que ameaza a convivencia e a liberdade das mulleres. Agradécese a colaboración das persoas que desexen sumarse á elaboración do manifesto. Agradecemos tamén de antemán a colaboración do profesorado e as familias na súa complicidade para seguir educando ao noso alumnado en valores de igualdade e compromiso social. #nenunhamenos

Comisións do Consello Escolar

Achegamos pdf coa composición das comisións esocllidas polo Consello Escolar. 

VER COMPOSICIÓN

Campaña de recollida de aceite usado

Esta semana comezamos unha campaña de recollida de aceite usado, que se pode depositar no contedor que hai instalado na entrada do Centro, onda Conserxería. Dita campaña enmárcase dentro da liña de reciclaxe que o noso Centro sempre intenta seguir, para deste xeito contribuír, na medida do posible, a evitar contaminar.

Ademais o aceite recollido servirá tamén para que a empresa encargada (ARIOIL) contribúa cunha pequena achega económica, que lle será entregada ao alumnado de 4º da ESO para sufragar a súa excursión.

IMPORTANTE: O aceite debe traerse en botellas de plástico ben pechadas e introducilas así no contedor. O profesorado tamén podedes traer o voso aceite usado.

De Baio a Cardiff para mellorar na función educativa

A pasada semana o IES Maximino Romero de Lema (Baio) participou en Cardiff nun proxecto Europeo (Erasmus + KA1) para fornecer estratexias e criterios para implementar a función directiva e observar as novas propostas de ensino en Wales. O director do Centro (Manolo Maseda) xunto coa directora do CEIP dos Muiños (Aurelia Picallo) visitaron un total de 8 centros educativos públicos de infantil, primaria e secundaria. Ao mesmo tempo recibiron cursos de innovación na función educativa, estructura organizativa do sistema educativo galés, modelos de liderazgo e organización, currículum internacional, escolas pioneiras…

Este proxecto está coordinado polo CFR (Centro de Formación e Recursos) da Coruña e asinaron un convenio cos nosos Centros para seguir realizando xuntanzas nos próximos dous anos en Polonia, Suecia e Dinamarca. Tamén participaron deste proxectos equipos directivos do CFR de Ferrol.

Unha estratexia conxunta dos Centros de Formación que buscan novas canles de motivación e inspiración nos proxectos de intercambio de profesorado dentro dos proxectos Erasmus+.

Nova composición do Consello Escolar

No curso 2018-2019 procedeuse a renovación do Consello Escolar no noso centro.

Membros Consello Escolar

Distribuir contido