FacebookSíguenos en YouTube

Complementarias

Marzo feminista

Feminismo, diversidade, patrimonio cultural o ecoloxía conforman o traballo do día a día tanto no IES Maximino Romero de Lema como na comunidade educativa que participa e enriquece a convivencia no noso contexto rural. Proxectos como “Ao son do rural”, “Ao son delas” ou “Ao son da regueifa” veñen dando boa mostra.

Acto "Non á violencia machista"

O 25 de Novembro tivo lugar no centro un acto de "Non á violencia machista". Podedes consultar as fotos da actividade no seguinte album.

A sombra do que fun

"A sombra do que fun" foi un Proxecto Educativo realizado o ano pasado polo noso alumnado e que foi galardoado na 1ª Edición dos Premios Fouciño de Baio. Pero o mellor premio, dende logo, é o de chegar a remover conciencias a través da creación cultral

O 25 de novembro é un día que debera desaparecer do calendario e pasar a ser unha "negra sombra do pasado"

Construamos entre todos unha sociedade mais educada e libre na que non teña cabida ningún tipo de violencia.

XI Semana cultural

Logotipo Semana Cultural 2016E por fin chega a primavera ao instituto coa XI Semana Cultural, con cheiro a circo, teatro, música, danza, pintura, audiovisual e moita conciencia. Porque vivimos tempos nos que a cultura precisa, unha vez máis, ser activista das emocións. Unha semana das letras para lembrar as ensinanzas do grande mestre Manuel María e compartir un sentimento común de identidade.

Agardamos que as portas abertas do noso centro sexan máis contedor cultural que nunca.

Avante e Benvid@s!!!

X Semana Cultural

Logo semana culturalEste ano a Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema está de aniversario.
E xa van dez anos de andaina, cheas de propostas creativas e interesantes para aprender brincando.
Música, Cine, Teatro, Debuxo, Poesía, Natureza, Historia, Arqueoloxía... e un sinfín de experiencias por compartir. Seguimos pois apostando por facer do Centro Educativo un Contedor Cultural aberto á sociedade que nos rodea.
Sumar, en definitiva, puntos de encontro para medrar con Identidade!!!

Máis información (Tríptico)

Distribuir contido