Podedes consultar a listaxe de libros de texto nos seguintes enlaces:
Pechamos este curso académico compartindo todo o profesorado e persoal non docente uns pinchos nun ambiente moi distendido e mergullados na fermosa paisaxe que nos rodea. Ademais de despedir as compañeiras e os compañeiros que marchan, tamén lle fixemos unha pequena e sentida homenaxe a Tino que tras moitos anos dedicado ao ensino, comeza unha nova etapa na súa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación.
A todos e todas, moitas grazas polo labor realizado e oxalá volvamos coincidir. Botarémosvos moitos de menos e sempre estaremos aquí para o que necesitedes.
HORARIO DE APERTURA DO CENTRO: dende as 9:00 e ata as 14:00 horas
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: dende as 9:00 e ata as 13:00 horas.
O DÍA 26 DE XULLO O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR FESTIVIDADE LOCAL.
O prazo de matrícula ordinaria para o curso 2022-2023 comeza o día 29 de xuño e remata o 5 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario, en horario de 09:00 a 14:00 horas:
Para facer a matrícula haberá que entregar a seguinte documentación na Administración do centro:
Achéganse, como documentos anexos, os impresos de matrícula.
100% APROBADOS
PARABÉNS ao alumnado e ás súas familias así como a todo o profesorado do Centro.
Unha edición máis participamos nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia. Como novidade este ano, a xornada celebrouse de forma presencial na Cidade da Cultura (Santiago) o venres 3 de xuño pola maña.
Alumnado de 2º curso do ciclo de Informática de Oficina, acompañados pola profesora Marta Diz Alonso, encargáronse de montar o posto na feira e presentar o proxecto aos asistentes. Un traballo fantástico, parabéns para Marta Calero, Martín Castro, Gabriel Romero e Nerea Torrado.
Seguimos traballando en proxectos que fagan do noso centro, un espazo máis saudable. Esta edición presentamos o proxecto Coana (Condicións ambientais na aula), un sistema centralizado para o control desde unha aplicación web das condicións ambientais das aulas e os diferentes espazos nun centro educativo co obxectivo de garantir que son espazos seguros e confortables para a comunidade educativa.
O nome do proxecto é moi acertado, xa que "coana" é cada unha dás dúas aberturas posteriores dás fosas nasais que comunican coa parte superior dá farinxe… non se nos escapa nada!.
O proxecto desenvolvese dentro do Club de Ciencia, encaixa dentro das liñas de traballo do centro para potenciar as capacidades STEM do noso alumnado.
O proxecto tivo boa acollida, convidáronnos a participar na Feira de Ciencia (Open Science Cambre 2022). A nosa idea é compartilo con outros centros para que poidan construír o seu propio dispositivo COANA.
Podes ver a información do proxecto na seguinte ligazón.
Somos makers!.
O broche final á Semana Cultural púxoo Arredores, un grupo musical formado por Andrés Rodríguez, Icía Varela, Brian Rodríguez e Lucas Rama -este último alumno do Centro-. Durante máis dunha hora o alumnado e profesorado gozaron e bailaron con cancións como Atalaia, Limiñoa, Plenilunio, Chotis, Sada..., melodías e pezas tradicionais de distintas zonas de Betanzos e Cerqueda adaptadas ás músicas contemporáneas e diversas que van dende o rock ata a bossa, pasando polo pop, entre outras; aínda que hai que sinalar que tamén escoitamos temas propios como Ortigueira, Bailando co mar ou Fibra en vea.
Un gran pracer poder gozar deste grupo que, a través de instrumentos como o acordeón, a guitarra, a gaita, a pandeireta ou a fermosa voz da cantante, quere pór en valor a música galega mantendo a súa esencia e raíces, pero engadindo “certos toques persoais”. Arredores é cultura e é aprendizaxe, pois representa unha parte da evolución da música e o folclore galegos.
Moitas grazas Arredores pola excelente actuación que pechou a XVI Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema!